Advertisement
Puntogal
Os veciños de Paraños seguirán coa denuncia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Antón Fernández   
lunes, 15 de marzo de 2010

Os veciños de Paraños están cada vez máis indignados. Aínda que os medios de comunicación fixeron pública gran parte da información relativa ao denominado “caso Retablo”, moitos non coñecían de primeira man as escoitas telefónicas aos acusados, entre os que se atopan algúns cargos de Igrexa e da Xunta. Foi nunha Asemblea Extraordinaria que durou varias horas e que estivo convocada pola AAVV da parroquia para renovar a xunta directiva e que se celebrou o día 28 de febreiro na Casa de Cultura. Na sala principal ateigada de xente como poucos lembraban nunha asemblea, visionáronse a través dun canón de luz proxectado hacia unha gran pantalla as partes máis importantes do sumario xa aberto.

Na Asemblea Ana Pérez,  avogada contratada pola AAVV para levar este caso, plantexou varias saídas que permitirían recuperar a Casa Reitoral para uso público. A primeira delas sería a da rectificación por parte do Bispado da Diócese Tui-Vigo da aceptación da venda xa que, ademais, o primeiro pago fíxose efectivo fóra do prazo estipulado pola lei. Ao aceptar o Bispado estes cartos a avogada cre pouco probable que a Igrexa rectifique a súa actuación. Un segundo caso sería que o xuíz mediante un proceso civil, agora está nun proceso penal, anulara a venda e restituíra a casa. Por último unha terceira posibilidade sería que neste mesmo proceso, en virtude dos datos e documentos aportados, se requisara a casa e entón pasaría a man da Xunta de Galicia que podería facer unha subasta ou unha cesión aos veciños.

Recuperar a Reitoral

Ao tempo que emprenden accións xudiciais os veciños realizaron estes días varias actividades coa pretensión de esixir os seus dereitos. Abriron un grupo na rede social Facebook que xa conta con 490 membros e participaron cunha comparsa no pasado entroido da vila de Mondariz.

Entre as voces que veñen expresaron publicamente a súa postura favorable á petición dos veciños está a de Xosé Manuel Sendín, Presidente da Comunidade de Montes de Paraños que  pensa que “é un caso de xustiza e agardamos precisamente que a Xustiza faga o seu traballo”. Sobre a denuncia presentada pola AAVV de Paraños sinalou que o que se procura é “recuperar a Reitoral para uso colectivo e social, que beneficie á parroquia”.

 O BNG cre que as casas reitoriais poderían reverter en uso público

 As deputadas nacionalistas Carme Adán e Ana Pontón fixeron pública a postura do BNG sobre o caso Retablo no transcurso dunha conferencia de prensa celebrada no Parlamento Galego. “A Operación Retablo destapou unha trama de corrupción na restauración do patrimonio galego a través de subvencións da Xunta a cambio de contratacións con determinadas empresas despois de que a Consellaría de Cultura e Deporte, durante o bipartito, sospeitara de  irregularidades,  e as puxera en coñecemento da fiscalía”, sinalou Adán.

Ana Pontón, portavoz de Cultura do BNG, referiuse ás sete mil casas reitorais espalladas por Galiza que conforman unha importante parte do patrimonio galego e poderían “estar revertendo en uso público”. Así mesmo, reclamou coñecer as actuacións relacionadas co  imputado Carlos Gómez, expediente e tipo de contratación para non incurrír no mesmo erro e acadar unha xestión dos recursos públicos “transparente”. A proposta nacionalista tenta evitar que con cartos públicos se leven a cabo prácticas fraudulentas e isto -afirmou- é o que nos move a recadar información sobre as actuación dende o ano 1999 no patrimonio eclesiástico e coñecer os pasos do Executivo Galego en relación a “trama de corrupción” protagonizada por dous técnicos da administración pública.A deputada nacionalista considerou que o proceso da “Operación Retablo”, con 12 imputados, porá freo ás actividades irregulares dentro da administración e poñendo de manifesto “a desprotección existente en Galiza sobre o patrimonio  histórico  e os bens eclesiásticos.”

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >