|
O Goberno Galego destina 300.000 euros para o servizo de seguridade da Catedral de Santiago |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 12 de marzo de 2010 |
|
O Goberno galego destinará 300.000 euros para o servizo de seguridade da Catedral de Santiago durante este Ano Santo. O Consello da Xunta aprobou a sinatura deste convenio de colaboración entre a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o Cabido da Catedral de Santiago, para a contratación deste servizo, que se encargará de "controlar as bolsas e mochilas da xente que entre e evitar aglomeracións", segundo explicou o presidente galego, Alberto Nuñez Feijóo.
Coa sinatura deste convenio aspírase a garantir o bo funcionamento e a seguridade na Catedral compostelá nun ano que se prevé un incremento na afluencia de peregrinos e visitantes. Ademais, Feijóo destacou que este servizo de seguridade complementa ao plan de actuación deseñada pola Policía Autonómica e os voluntarios que estará en Santiago e no Camiño. Segundo a Xunta, ademais do control de bolsas, deseñarase un mapa de percorridos para a correcta circulación dos turistas. Tamén se intentarán evitar posibles danos neste ben de interese cultural, ocasionado pola masiva afluencia de visitantes. De acordo co convenio, que estará vixente ata o mes de decembro de 2010, a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o Cabildo da Catedral de Santiago crearán unha comisión paritaria formada por dous membros por cada unha das partes para realizar a coordinación e seguimento das actividades conxuntas programadas e para velar polo cumprimento deste convenio.
Trackback(0)
|