Advertisement
Puntogal
A xustiza española serve ao pobo? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 4
MaloBon 
Escrito por Isidoro Gracia   
miércoles, 10 de marzo de 2010

Motesquieu tiña razón, sendo consciente que quen dispón de poder tende a ampliaro con inclinación a abusar del, o que propuña era que, concretamente o poder xudicial, non fóra exercido por ninguén de forma permanente xa que *“así o poder de xulgar, tan terrible en mans do home, non estará suxeito a unha clase determinada, nin quedará exclusivamente en mans dunha profesión ”*

O mesmo filósofo e xurista, e outros que forxaron as bases das democracias modernas, establecían que a orixe de todo poder é o Pobo, suxeito a quen todos os poderes están supeditados, e aínda máis eran radicalmente contrarios a algunha das prácticas de quen hoxe reclaman o seu amparo, xa que é claro e evidente que a administración da Xustiza quedou en exclusiva en mans dunha profesión, incluso pódese afirmar que está maioritariamente en mans dunha clase determinada.

Os deostados políticos que exercen o poder lexislativo, aínda cando na súa maior parte tamén pertencen a unha clase determinada, a dos funcionarios públicos en máis do 80% dos casos, son substituídos periodicamente por procedementos que todos aceptamos como democráticos.

O mesmo pode afirmarse dos diferentes gobernos, que a todos os niveis exercen de poder executivo, ademais están permanentemente suxeitos ao exercicio da crítica desde outros poderes económicos e sociais, e controlados polos xuíces.

Eses mesmos xuíces que de forma case xeral non só non admiten a crítica, “porque perturba o seu labor xurisdicional”, de acordo cunha independencia absoluta para a que non teñen titulo lexítimo xa que a Constitución Española, e todas as democráticas, establecen claramente que a Xustiza, do mesmo xeito que todos os poderes, depende do Pobo.

A tan louvada transición española foi acertada en case todos os terreos, eu que participei durante 14 anos na elaboración das leis que a permitiron e consolidaron, hoxe confeso que fallamos no caso da Xustiza, a que non soubemos supeditar á fonte de todo o poder democrático o POBO.

As dúbidas, que sentencias incomprensibles e posicións de xuíces concretos e organismos xudiciais, contrarios ao sentido común e aos desexos de XUSTIZA da maioría dos cidadáns, empezan converterse na certeza que a actual Xustiza española non está ao servizo de todos os que formamos o suxeito POBO.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >