Advertisement
Puntogal
G.Vázquez di que preferiría que Manuel Vázquez estivese nunha posición de país coa lei de caixas PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 10 de marzo de 2010

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez asegurou na Coruña que preferiría que o secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, estivese nunha posición "de país, defendendo o que eu creo que maioritariamente defende esta sociedade" con respecto á lei de caixas galegas. Así mesmo, o nacionalista mostrou o seu convencemento de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resístese" a recorrer o Frob porque está "condicionado" polo PP estatal.

O BNG celebrou na cidade herculina un acto para conseguir apoios para o manifesto 'Galicia ten dereito', impulsado pola formación nacionalista e asinado no Parlamento de Galicia o pasado 5 de febreiro polo BNG, PP, CIG, UXT, CCOO e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Así mesmo, Vázquez animou a Feijóo a presentar o recurso contra o Frob se "realmente quere explicar diante do Goberno central que está disposto a ir a por todas neste tema". No referente ás dúbidas sobre a solvencia da fusión galega, o nacionalista preguntou que "se o debate fose a solvencia, entón que estaría a pasar noutras latitudes do Estado?". En este sentido, Vázquez matizou que "non é unha cuestión técnica, senón política".

Doutra banda, o nacionalista falou da marcha das negociacións ao respecto entre o goberno galego e a central, subliñando que "estan a acadar un grao de vodevil absolutamente inasumíbel". Nesta liña, defendeu que a Xunta debe "rachar as negociacións e o señor Feijóo debe comparecer no Parlamento galego para explicarnos cal é a súa folla de ruta".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >