Advertisement
Puntogal
O BNG interpela a Elena Salgado no Senado sobre a necesidade de suspender a subida do IVA PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 09 de marzo de 2010

O senador do BNG pos designación autonómica, Xosé Manuel Pérez Bouza, vai interpelar á vicepresidenta segunda e Ministra de Economía, Elena Salgado, sobre a necesidade de que o Goberno central suspenda a subida do IVA, prevista para o mes de xullo.

O nacionalista incidirá nas repercusións "negativas" que este incremento terá sobre o consumo e, polo tanto, sobre a recuperación económica. Ademais, denunciará que se trata dunha subida "socialmente inxusta" ao aumentar o prezo dos produtos básicos.

Así as cousas, o senador do BNG defende a necesidade de suspender a medida por parte do poder central.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >