Advertisement
Puntogal
Santiago acolle o I Encontro Galego de Música Xove coa presenza de máis de 100 grupos de toda Galiza PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 05 de marzo de 2010

O I Encontro Galego de Música Xove, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e patrocina o Xacobeo 2010, celebrase en Santiago. A iniciativa, á que asistirán máis de 100 grupos de toda Galicia e preto de 500 participantes, suporá o lanzamento dunha liña de traballo ao redor da xuventude e a música, que o Goberno galego porá en marcha en próximas datas, tal e como avanzou durante a presentación do evento o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro.

O Encontro, que terá lugar no IES Rosalía de Castro, constituirá un punto de conexión entre músicos xoves e axentes do sector musical, onde os grupos noveis e semiprofesionais terán a oportunidade de difundir a súa música e participar en concursos para optar a ter presenza en concertos e festivais. Deste xeito, esta cita contará con actuacións en directo, obradoiros e concursos, nos que os grupos que tomen parte terán a oportunidade de amosar as súas creacións a axentes do sector e aos propios músicos e de conseguir a súa participación en concertos e festivais.

Entre os persoeiros que impartirán os obradoiros resaltan Alfonso Pato, director do Festival de Cans, María Yáñez, experta en redes sociais, Fran Rivera, ex director do Festival de Ortigueira, ou Xurxo Seara do festival Reperkusión. Para rematar a xornada da mañá, desenvolverase unha charla coloquio sobre música e xuventude na que participarán, entre outros, a directora de Blusens Music, Eva Perales, o músico Fran Pérez e un representante da emisora 40 Principales en Vigo.

Xa pola tarde, haberá a segunda sesión para elixir aos grupos que poderán actuar en concertos, novos obradoiros de formación, centrados nesta ocasión en masterclass de hip hop, batería e percusión, dj e guitarra eléctrica. O primeiro Encontro Galego de Música Xove rematará con seis concertos en pequeno formato. Actuarán Scandal, Elanor, O Leo I Arremecaghona, Jane Joyd, Baldosa Amarilla e Silvia Penide.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >