|
Amal recibe 50 películas nun mes para participar na súa próxima edición |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 03 de marzo de 2010 |
|
O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal recibiu xa medio centenar de traballos desde a data de apertura do prazo de inscrición para a súa oitava edición, que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 23 e o 31 de outubro de 2010. O prazo mantense aberto desde o pasado 28 de xaneiro e permanecerá ata o 15 de xuño. A organización sinala que, de momento, o xénero de ficción predomina entre as producións aspirantes que hai que participar no festival.
A procedencia dos filmes é maioritariamente marroquí e palestina, seguidos polas películas que chegan desde Siria, Líbano, Iraq, Xordania ou Exipto. As coproducións europeas tamén encontran o seu sitio desde países como Bélxica, Alemaña, Francia ou España. Os organizadores de Amal tamén destacan a posta en marcha das Mostras Amal, que serven para ''difundir e promover o cine árabe máis alá do mes de outubro''. Varias cidades árabes acollen estas mostras e está confirmada a súa chegada a Buenos Aires, Vigo e Toledo.
Trackback(0)
|