Advertisement
Puntogal
Carlos Bau, Luar na Lubre e a banda sonora de ‘Celda 211’, premios galegos da Música PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 22 de febrero de 2010

Carlos Bau
Carlos Bau
Os Premios da Música 2010 xa coñecen gañadores. E das seis candidaturas que sumara Galicia, coa representación de nove artistas en total, finalmente só viñeron para a casa dous galardóns. Ou tres, se se conta tamén a mellor banda sonora, cuxa figura recolleu o murcián Roque Baños pola peza que compuxo para o filme 'Celda 211', con galegos na produción e no reparto de actores.

Pois ben, dentro do apartado de mellor álbum de música tradicional competían o gaiteiro vigués Carlos Núñez con 'Alborada do Brasil', un álbum que resultou da investigación das conexións galegas co país sudamericano. Enfrontábase co bilbaíno Kepa Junkera, o mestre da trikitixa --acordeón diatónico de botóns--, quen resultou finalista polo seu traballo 'Kalea'; e co primeiro traballo en directo de Luar na Lubre, 'Ao vivo', un dobre cedé que recolle temas gravados durante os seus concertos de xaneiro o ano pasado no Teatro Colón. A música 'sen enlatar' impúxose, e o premio foi para a formación que lidera Bieito Romero, e que el mesmo definiu como "o reflexo do que somos, sen ningunha mentira".

Dentro das mellores cancións en galego, foran escollidas para optar ao galardón Juan Carlos Fernández Fasero e Eva Carreras, Guadi Galego e Carlos Bau. O director do Agadic e a ex concursante do programa Operación Triunfo presentaron o tema 'A nosa estrela', que prometía darlle guerra á ex cantante de Berrogüeto e actual vocalista de Nordestin@s. Tamén Galego espertou espectativas co seu disco debut en solitario, ao resultar nomeada para os Premios polo tema 'Madama'. Pero non puido ser. Carlos Bau e 'Nada' conquistaron o xurado.

A derradeira candidatura galega era a da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antoni Ros Marbá no apartado de mellor intérprete de música clásica co álbum 'Frederic Mompou: Cinco melodías sobre poemas de Paul Valéry'. Competía contra Ana Malikian, Daniel do Piñeiro e Susana Cordón coa Non Profit Music Chamber Orchestra por 'Non seasons'; e contra Jordi Savall por 'The celtic viol', quen recolleu finalmente o premio.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >