Advertisement
Puntogal
Traballadores das instalacións deportivas concéntranse ante o Concello de Lugo por un salario digno PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
martes, 09 de febrero de 2010

Máis de medio centenar de traballadores de instalacións deportivas, fundamentalmente das piscinas municipais, concentráronse, convocados polos sindicatos CIG e Comisións Obreiras (CC.OO), ante o Concello de Lugo –na Praza Maior da cidade - para reclamar a negociación dun convenio colectivo de ámbito galego que mellore as súas “precarias” condicións laborais, especialmente en canto ao seu nivel salarial.

De feito, o secretario de Organización da Federación de Servizos Públicos de CC.OO en Lugo, Dionisio Fernández Couso, fixo unha chamamento á patronal para que “reflexione” sobre as condicións laborais deste colectivo, xa que os sindicatos acadaran un “preacordo” para que os traballadores de instalacións deportivas chegasen a percibir un salario “mínimo” de 1.000 euros no ano 2013.

Fernández Couso lembrou que nestes momentos hai traballadores de instalacións deportivas que cobran “713 euros” ao mes, polo que pediu “aos empresarios deste país ”que pensen se esa cantidade se pode considerar “un salario digno” hoxe en día.

Pola súa banda, Carmen Antas, da Federación de Servizos Públicos da CIG, confirmou que este sindicato presentou unha denuncia na Inspección de Traballo contra o Concello de Lugo, por conculcar o “dereito á folga ”dos traballadores da piscina municipal das Pedreiras.

Segundo Carmen Antas, membro da Executiva Nacional do sindicato, o Goberno local autorizou a apertura destas instalacións para que se disputase o sábado un campionato de natación organizado por “un club privado”, a pesar de que o recinto estaba cerrado polas mobilizacións do persoal que se ocupa do seu mantemento.

Antas lembrou que a piscina das Pedreiras está pechada desde o pasado 2 de febreiro, cando os traballadores destas instalacións sumáronse á folga convocada en toda Galicia para presionar á patronal de cara á negociación dun convenio colectivo. Porén, o Goberno local de Lugo autorizou a celebración desa proba deportiva e vulnerou “os dereitos” do cadro de persoal.

Ademais, dixo que a devandita proba se celebrou sen a presenza de “socorristas”, sen as “medidas sanitarias axeitadas” e sen garantir que persoas alleas ás instalacións tivesen acceso a datos persoais dos usuarios das mesmas. Por iso, Antas confirmou que, ademais de presentar a denuncia ante a Inspección de Traballo, en función da resposta do Concello, o sindicato valorará a posibilidade de pór estes feitos en coñecemento da fiscalía.

Desde novembro, a piscina municipal das Pedreiras estivo pechada 14 días, como consecuencia da folga á que se sumou o seu persoal. Segundo a CIG, a incapacidade da patronal para negociar un convenio colectivo de ámbito galego afectalle directamente a uns 700 traballadores na provincia de Lugo, pero tamén ten incidencia nos propios usuarios desas instalacións, unha mil persoas ao día só na capital lucense.

O BNG pide a mediación do Concello

O grupo municipal do BNG, a través do seu voceiro, Anxo Lage, pediu a mediación do concelleiro de Deportes de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, para que os empregados de instalacións deportivas poidan chegar a un acordo coa empresa que se ocupa da súa xestión.

Lage lembrou que nestes momentos non hai ningunha piscina municipal en servizo no Concello de Lugo e que este conflito lle afecta directamente a 57 traballadores, que prestan servizo a través da empresa concesionaria, a que as arcas públicas páganlle anualmente 865.000 euros.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior