Advertisement
Puntogal
O Goberno central presenta o recurso contra a Lei de Caixas ante o Constitucional PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 09 de febrero de 2010

Vista exterior do Tribunal Constitucional
Vista exterior do Tribunal Constitucional
O Goberno central presentou no Tribunal Constitucional o recurso de inconstitucionalidade contra uns dez artigos da Lei de Caixas de Galicia. Segundo confirmaron fontes do alto tribunal, no prazo dunhas dúas ou tres semanas será o pleno do órgano xudicial o que deberá decidir se admite ou non a trámite a impugnación formulada pola Avogacía do Estado.

Se o proceso xudicial segue o seu curso, a institución deberá resolver sobre a adecuación do articulado da norma á Constitución e á Lei de Órganos Reitores das Caixas de Aforros (Lorca), o que podería dilatarse durante varios meses se a Xunta e o Executivo central non logran un acordo que permita retirar o recurso como no caso da Lei de Caixas de Madrid.

A vicepresidenta primeira do Goberno central, María Teresa Fernández de la Vega, informou o pasado venres da intención do Executivo de recorrer a norma galega, ao constatar a existencia de indicios de inconstitucionalidade nunha decena de capítulos, como a autorización da Xunta para que as caixas se sumen a un sistema institucional de protección (SIP) ou a renovación do 75% dos órganos directivos das caixas. Ademais, de la Vega incidiu en que a norma que aprobou o Parlamento galego o 29 de decembro vai "máis alá" das competencias autonómicas, vulnerando potestades propias do Estado e do Banco de España.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >