 O acto estivo moi concurrido Máis dun centenar de persoas acompañaron á A Peneira durante a presentación do libro “Cincocentas peneiras para 25 anos” que serviu tamén para celebrar o cuarto de século de vida do xornal o pasado venres. A gala, conducida pola xornalista Amparo Rodríguez, serviu para repasar os 25 anos de historia da publicación logo de que o público poidera visualizar un audiovisual e escoitar as intervencións do director do grupo editorial, Guillermo Rodríguez, e o ex-concelleiro vigués e presidente de A Nosa Terra, Miguel Barros.
Representación política de todos os partidos Foron moitas as caras coñecidas da política galega e comarcal que participaron no evento. Alí estiveron os deputados en Madrid, a nacionalista Olaia Fernández Davila e o socialista Luis Piña, os alcaldes de Salceda, Marcos Besada, e o de Mondariz Balneario, José Antonio Lorenzo. Tamén acudiu unha nutrida representación dos concellos da zona: os recentemente nomeados primeiro e segundo tenientes de alcalde do Porriño, Manuel Carrera e Marcelino Coto, tamén os de A Cañiza e Mondariz, Helena Fernández e Andrés Mouriño, e os concelleiros Xosé Represas, Andrés Sampedro e Francisco Candeira de Ponteareas, Xosé Manuel Ojea de Mos e Iván Vaqueiro do Porriño. O ex-concelleiros porriñeses, Gonzalo Ordóñez e Xosé Manuel Barros Martínez, tamén estiveron presentes. Do mundo da cultura Unha importante representación do eido cultural galego quixo arroupar tamén ao xornal nese día tan especial: o tradutor e un dos fundadores de Edicións Xerais, Xulián Maure, o compositor Rogelio Groba, o director do Festival de Cans, Alfonso Pato, a poeta Déborah Vukusic, o escritor Estanislao Fernández de la Cigoña ou o actor Cándido Pazó son algúns dos que quixeron felicitar a A Peneira.
Trackback(0)
|