|
Queremos Galego rexistra no Parlamento a iniciativa lexislativa popular en defensa do galego |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 08 de febrero de 2010 |
|
A plataforma Queremos Galego fixo entrega no rexistro do Parlamento da proposición de lei por iniciativa lexislativa popular "pola garantía dos dereitos lingüísticos", que o colectivo leva meses promovendo. A iniciativa céntrase no uso do galego por parte das administracións e no ensino.
O obxectivo da plataforma é que se desenvolva a Lei de Normalización Lingüística para que se cumpran os preceptos referidos ás administracións públicas da comunidade na regulación dos seus usos lingüísticos en cuestións "fundamentais" como o procedemento administrativo, a contratación e as axudas públicas. Reivindica tamén o cumprimento práctico do que se establece na normativa para o ensino, xa que, a xuízo de Queremos galego, "non se está a cumprir" o principio de que ao final da educación obrigatoria debe estar garantida a igualdade de competencia lingüística nos dous idiomas oficiais da comunidade.
Trackback(0)
|