|
Guillerme Vázquez defende ante Zapatero a fusión das caixas galegas |
|
|
|
|
lunes, 08 de febrero de 2010 |
 Guillerme Vázquez O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, mantén en Madrid o seu primeiro encontro institucional co presidente do Goberno central, José Luis Rodríguez Zapatero, unha cita que aproveita para defender a fusión das dúas caixas de aforros galegos. Segundo adiantou o Bloque, o dirixente nacionalista tamén entregará ao socialista un dossier con medidas concretas que espera que se inclúan na axenda da presidencia española da UE.
O encontro celebrarase tres días despois de que o Executivo aprobase a presentación do recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas, un tema que Vázquez quere introducir na reunión para reivindicar a posición impulsada polo BNG a través do manifesto 'Galiza ten dereito', apoiado polo PPdeG, CC.OO., UXT, CIG e a Confederación de Empresarios de Galicia. No que fai á axenda da UE, incidirá en temas como o levantamento do veto á construción civil no estaleiro de Navantia-Fene e a situación dos sectores lácteos e pesqueiro. Así, o nacionalista expoñeralle propostas para garantir a viabilidade das explotacións lácteas de Galicia e defenderá a necesidade de declarar a comunidade como zona altamente dependente da pesca. Abordará tamén a posibilidade de reaxustes nos investimentos en infraestruturas na autonomía.
Trackback(0)
|