Advertisement
Puntogal
A Xunta outorga máis de 310.000 euros a 7 confrarías da Ría de Vigo para xestión de recursos mariños PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
jueves, 04 de febrero de 2010

O director xeral de Ordenación Xeral de Recursos Mariños, Pablo Fernández Asensio, asinou un total de 13 convenios con 7 confrarías da Ría de Vigo e mediante os que a Xunta achegará un total de 311.400 euros, co obxectivo de lograr unha mellora na xestión, conservación, protección e sostibilidade da explotación dos recursos mariños.

Os acordos pecháronse cos pósitos da Guarda, Arcade, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela e Vigo e estarán vixentes ata o vindeiro 31 de decembro, aínda que queda aberta a posibilidade de prorrogalos. A Consellaría do Mar, que achega os citados 311.400 euros, comprométese a destinar os medios persoais e materiais propios e necesarios para o desenvolvemento dos obxectivos e, ademais, realizará un seguimento das accións e tomará as medidas precisas para o seu correcto desenvolvemento.

Segundo explicou o departamento autonómico que dirixe Rosa Quintana, rubricáronse dous tipos de acordos. Os do primeiro tipo inclúen actividades de salvagarda do medio mariño e as súas especies, establecendo condicións de acceso ás zonas de pesca, con vistas a combater os efectos negativos da sobreexplotación de recursos. Así, incidirase no coidado, control e seguimento de bancos marisqueiros e na loita contra a extracción ilegal.

A outra modalidade de convenio asinado está orientada a mellorar a xestión de zonas de produción, incluíndo accións dirixidas a implantar técnicas de semicultivo, elaborar plans de explotación, realizar proxectos de rexeneración de zonas de produción e facer seguimento da produción efectiva dos bancos naturais marisqueiros.

Mar xa asinou convenios deste tipo, o pasado 29 de xaneiro, coas confrarías de Burela, Cariño, Celeiro, Espasante, O Barqueiro, O Vicedo e Ribadeo. Ademais, está prevista a rúbrica doutros 12 coas confrarías da Coruña, Barallobre, Ferrol, Miño, Mugardos e Pontedeume.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >