|
CIG-Ensino lembra á Xunta que está soa no borrador do decreto e esixe a súa retirada |
|
|
|
|
jueves, 04 de febrero de 2010 |
 Declaracións ante a prensa da CIG-Ensino O sindicato CIG-Ensino esixe de novo a retirada do borrador de decreto sobre o uso da lingua nas aulas e lembra á Xunta que está "completamente soa". Así, continuará coas mobilizacións que se decidan no seo da plataforma 'Queremos galego', co obxectivo de parar as bases e restaurar o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística e do decreto do 2007, "o máis apoiado até agora".
A CIG avoga por partir do consenso acadados para avanzar na normalización do galego, lembrando que esas premisas esgrimiunas tamén a Real Academia Galega e, esta mesma semana, o Consello de Cultura Galega (CCG). Así mesmo, lembran que o propio conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, forma parte do padroado do CCG. "Malia os intentos do PP por evitar a resposta social a este documento e a pesar dos resortes propagandísticos empregados, non conseguiron convencer a ninguén", sinala o sindicato educativo. Así, aluden ás mobilizacións e ás protestas de profesores, pais, movementos de renovación pedagóxica, universidades, traballadores de normalización lingüística, Real Academia Galega ou Instituto da Lingua Galega, entre outros.
Trackback(0)
|