Advertisement
Puntogal
O BNG pide compromiso aos altos cargos da Xunta para empregar o galego nas súas intervencións PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 04 de febrero de 2010

Bieito Lobeira e Carme Adán
Bieito Lobeira e Carme Adán
O voceiro en materia lingüística do BNG, Bieito Lobeira, presentou unha iniciativa no Parlamento para que os cargos públicos cumpran coa legalidade e utilicen o idioma propio de Galicia de forma oral e escrita no desempeño da súa función pública e nas relacións coa sociedade.

"Non é indiferente para a saúde do galego o compromiso público que adopten os responsábeis políticos deste goberno", xa que son unha "importante referencia social" e axudarían a prestixiar o uso social do galego. Ao respecto, lamentou que o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo exclúa o galego en numerosas intervencións públicas de altos cargos.

"O propio Presidente da Xunta, a conselleira de Facenda, o conselleiro de Cultura e Turismo, a conselleira de Traballo, a conselleira do Mar, e de xeito redundante, os conselleiros de Industria e Sanidade, utilizan publicamente o español nas súas intervencións, así como numerosos directores xerais, delegados territoriais, e altos cargos dos diferentes ámbitos da administración galega".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >