|
O Concello de Cangas inaugurou a nova Casa de Cultura |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 03 de febrero de 2010 |
 Nun momento da inauguración do centro cultural. Cangas inaugurou a súa Casa de Cultura despois de varios anos de retrasos. Na inauguración estivo presente, ademais da alcaldesa, Clara Millán, e varios membros do goberno municipal, o delegado do goberno español en Galiza Antón Louro.
Durante o acto o concelleiro de Cultura, Xosé Manuel Pazos (ACE) fixo uns apuntes sobre a historia deste proxecto na que participaron, entre outros, Antón Lamapereira e Enrique Arguindey. A Casa de Cultura de Cangas partiu cun orzamento de 35 millóns das antigas pesetas e chegou a superar, ao seu remate, os 65 millóns de euros. por este motivo contou cunha axuda, entre outras institucións, da Deputación de Pontevedra ademais de fondos propios.
Trackback(0)
|