Advertisement
Puntogal
Rafael Louzán, Presidente do PPde Pontevedra: ‘Vamos a integrar distintas listas independentes’ PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Antón Fernández-Juan Louzán-Foto: Xiana de la Peña   
miércoles, 03 de febrero de 2010

Rafael Louzán
Rafael Louzán
O mesmo día en que se presentaba ante notario a moción de censura no Porriño, o Presidente do PP de Galicia estaba promocionando a provincia en FITUR.Moitos dos xornalistas que cubriamos a que está considerada unha das feiras de turismo de Europa non deixamos escapar a ocasión de saber se habería máis alianzas e fusións nun proceso que parece imparable: a volta ao PP de moitos independentes. Rafael Louzán (Ribadumia, Pontevedra, 1969) ten moi claro que o futuro do PP pasa por conseguir un partido político forte. Nada mellor que convencer aos díscolos para conseguilo.

-Outro FITUR máis e van catro...

-Si. É unha nova oportunidade de relanzar Galicia, relanzar as Rías Baixas. No podiamos faltar a este evento. Acertamos de pleno unha vez puxemos en marcha esta iniciativa. Nesta ocasión existe unha coordinación entre o noso espazo e o de Galicia, é fundamental para vender o produto. Estamos moi contentos da oferta que nos fai a Xunta a través da Secretaría Xeral de Turismo para traballar coordinadamente. O sector agradéceo. Traballamos xuntos por vender o que temos: as Rías Baixas, o turismo cultural, o turismo gastronómico, o turismo náutico, o turismo de termalismo,... Galicia é un destino clave pero, sobretodo as Rías Baixas, é o segundo destino máis visitado despois de Santiago de Compostela. Por iso aínda temos moito que ofrecer e este ano ten que ser o das oportunidades. O Xacobeo, que ten cinco camiños que nos levan ata Santiago pola propia provincia de Pontevedra, non debe desaproveitar esta oportunidade.

-Os concellos colaboran moito nesta iniciativa. Que novidades houbo nesta edición?

-A novidade é que por primeira vez convidamos a máis de sesenta xornalistas da provincia de Pontevedra. En segundo lugar está que houbo máis de 25 eventos no escenario que preparamos en FITUR. Moitos son de oferta turística dos concellos e das asociacións que temos na provincia. Estas actividades posibilitarán que veñan miles de visitantes á nosa provincia.

-Hai 15 días tamén promocionou os viños da zona aquí en Madrid...

-Apostamos colectivamente por un enoturismo e cultura do viño que van  a asociar unha gran promoción que hai que facer do viño de Galicia, pois os nosos blancos son recoñecidos en todo o mundo a través de Rías Baixas, e estamos seguros que -Galicia, sobre todo en Pontevedra temos moito bó que ofrecer. Pido a todos que veñan a visitarnos e que disfruten de Pontevedra, das Rías Baixas e de toda Galicia, que lle dean un abrazo ao apostol e que entre todos podamos saír de esta crise da mellor maneira posible.

-José Blanco, ministro de Fomento, anunciou n´A Peneira que os vigueses contarían con AVE no 2012...

-O AVE, sen dúbida, é unha das mellores comunicacións que existen, sobre todo pola alta velocidade. Ísto é clave para nós porque estar a só 3 horas da capital de España é vital. Aparte podemos viaxar dunha forma cómoda e rápida á hora de facer acordos comerciais en Madrid, presentando un gran futuro para todos os galegos. Só pedimos que canto antes podamos dispoñer do AVE, moito mellor para todos.

-Falemos de política e actualidade. Ao final houbo moción no Porriño. Volve a estar unida a dereita no Porriño?
-Despois de moitos meses de negociación finalmente esa maioría natural que compoñen tres forzas políticas lideradas polo Partido Popular, de centro-dereita, presentaron unha moción de censura que era algo natural. Non é normal que un goberno de cinco teña unha oposición de doce, é inviable. A demora que está sufrindo O Porriño en relación a inversións, a acordos en xeral, está perxudicando os intereses de todos os veciños. Creo sinceramente que é unha magnífica oportunidade de ofrecerlle aos porriñeses un goberno estable, un goberno sólido, con maioría absoluta, con moitas cousas interesantes por facer neste ano e medio que queda de goberno. O Porriño é un dos concellos máis importantes de Galicia dende o punto de vista industrial e creo que necesita dun goberno forte. A maiores logramos algo importante que era para o PP, unir a todo o centro-dereita do Porriño. Teño esperanza que esta unión sexa todo un éxito.

-Podería haber outra moción de última hora na provincia?
-É prematuro. O PP na provincia está afincado nun proxecto de suma e niso vamos a integrar distintas listas independentes, que as hai e as houbo, e nas que figuraban persoas do PP que queren neste momento voltar ao seu espazo natural. Desto alegrámonos e mostramos a nosa satisfacción, porque vai a ocurrir nalgunha localidade máis, de que en próximas datas haberá integración doutras candidaturas. O PP ten as portas abertas de par en par para todas aquelas persoas que queiran voltar porque creo que ese é o seu espazo natural. O PP é un partido maioritario en Galicia, un partido de goberno que está gobernando na Deputación de Pontevedra, na maioría dos concellos de Galicia, na Xunta de Galicia e espero que moi pronto vaia a gobernar tamén en España. É máis necesario que nunca, pola situación de crise que arrastramos, ter un partido forte como é o PP.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >