Advertisement
Puntogal
Fomento adxudica por 65 millóns de euros a electrificación do Eixe Atlántico do AVE PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 03 de febrero de 2010

Locomotora do AVE
Locomotora do AVE
O Ministerio de Fomento adxudicou á Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Vimac, Electrificacións e Montaxes Integrais OHL, Siemens e Deneo, Enerxía e Infraestruturas, o contrato das obras da liña aérea de contacto para a electrificación do tramo Vigo – A Coruña, pertencente ao Eixe Atlántico Galego de Alta Velocidade. O orzamento da adxudicación, publicada no Boletín Oficial do Estado, ascende a 65.216.316,27 euros (incluído IVA).

As obras que corresponden a este proxecto permitirán completar a liña aérea de contacto (catenaria) en todo o tramo entre Vigo e A Coruña, e súmanse as actuacións xa adxudicadas no subtramo Padrón-A Coruña. A execución das obras dará comezo sobre os tramos de plataforma do Eixe Atlántico xa finalizados, concluíndo cos que actualmente se encontran en execución.

Características técnicas

A actuación prevista desenvólvese ao longo dos 155,2 km do tramo central do Eixe Atlántico, nas provincias da Coruña e Pontevedra. O tramo que hai que electrificar comprende os 28 subtramos en que se dividiu o Eixe Atlántico, desde a estación de Vigo ata a estación da Coruña.

Os devanditos subtramos son os seguintes: Estación de Vigo, Vigo – Das Maceiras, Das Maceiras – Redondela, Redondela – Soutomaior, Soutomaior – Vilaboa, Vilaboa – Pontevedra, Pontevedra – Cerponzóns, Cerponzóns – Portela, Portela – Portas, Portas – Vilagarcía, Vilagarcía – Catoira, Viaduto Río Ulla, A Vacariza – Rialiño, Rialiño – Padrón, Padrón – Osebe, Osebe – Santiago, Santiago – Berdia, Variante de Berdia, Oroso – Ordes, Variante de Ordes, Ordes – Queixas, Variante de Queixas, Cerceda – Meirama, Meirama – Bregua, Variante de Bregua, Uxes – Pocomaco, Pocomaco – San Cristóbal e estación da Coruña.

As obras máis importantes a realizar comprenden a instalación da liña aérea de contacto apto para a alta velocidade, alimentada a 25 kV de corrente alterna. O sistema que hai que empregar é unha catenaria simple, poligonal, atirantada en todos os perfís, vertical, con péndula en E, sen frecha no fío de contacto, formada por un sustentador, un fío de contacto e péndulas equipotenciais, compensada mecanicamente de forma independente para o sustentador e o fío de contacto.

Tamén se proxectou a substitución dos cables das instalacións de seguridade das estacións da Coruña e Santiago de Compostela por cables con factor de redución, inmunes á tensión alterna da nova electrificación, así como a substitución dos circuítos de vía de 50 Hz existentes na estación de Santiago de Compostela por circuítos de vía de audiofrecuencia, inmunes á tensión alterna da nova electrificación.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >