Advertisement
Puntogal
Primeira folga contra o decreto PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Antón F. Escuredo/ A. Rodríguez   
miércoles, 03 de febrero de 2010

Aula baleira no día da folga
Aula baleira no día da folga
O xa coñecido por “Decreto do galego”, en realidade un borrador do futuro decreto, está a causar unha fonda conmoción no noso sector educativo. Primeiro foi unha manifestación no mes de outubro de 2009 e agora o pasado 21 de xaneiro unha folga e unha manifestación multitudinaria na praza do Obradoiro. 35.000 docentes e case 250.000 estudantes estaban convocados  contra o que algúns xa consideran un dos maiores erros do actual goberno galego. Organizada pola plataforma Queremos Galego (entidade formada por máis de 600 colectivos) e secundada no profesorado polos sindicatos CIG-Ensino, STEG, CUT, UGT e CC.OO, a xornada de folga transcurreu con total normalidade e cun seguimento de pouco menos que o 50% (datos oficiais da Xunta) e de ata un 90% segundo os convocantes.

Poucas declaracións

O mesmo día da folga, o xornal A Peneira quixo coñecer a opinión do profesorado que non secundaba a folga en varios concellos do sur de Pontevedra. A sorpresa foi a pouca receptividade da maioría dos traballadores que non querían facer declaracións. Nun centro educativo de Ponteareas negáronse a facilitar datos “ata que falemos con Educación”. Os autocares que trasladaban aos alumnos viñan case baleiros. "Hoxe trouxen 20 alumnos nunha viaxe na que outro día veñen 48", aseguraba un dos condutores que traballa a diario no transporte escolar. No interior do centro pouco movemento e, segundo asegurou unha das mestras, secundaron a folga máis da metade dos docentes.

Puntos polémicos

Aínda que o punto máis conflitivo do borrador do decreto sexa a extrema redución de horas  de galego, hai outros apartados que preocupan, e moito, ao sector educativo. Un deles é a posibilidade de que os pais escollan en que lingua teñen que dar eles a clase e outro é a que os alumnos elixan que lingua empregarán nas asignaturas. “Paréceme aberrante que os alumnos podan contestar ao profesor na lingua que desexen”, sinala Miguel, un dos profesores que non fixo folga pero non está dacordo co borrador. “Espero que non o leven a práctica. Como pretenden que o alumnado acade a competencia en lingua galega se eu lle falo en galego e el me contesta noutro idioma? Pasará o mesmo co castelán e co inglés. Non ten sentido ningún. Deste tema non se fala e é de tolos.", engade.

O denominado “plurilingüismo” tamén asusta no sector educativo aínda que moitos consideran que o inglés ten que ter máis presenza nas aulas.  “É inviable hoxe poñer o inglés nos centros porque non hai profesorado formado. Ademais de que haxa profesorado necesitariamos que os alumnos teñan xa un certo nivel. Farían falta moitos máis recursos, non só de formación de profesorado, senón tamén dos centros, laboratorios de linguas, lectores, cousas que non están contempladas. Traerán problemas organizativos e de fracaso escolar.”

Contra o decreto

Despois da xornada de folga, varias institucións deron un paso adiante e mostraron publicamente a súa disconformidade co novo decreto. Un informe elaborado para o Consello da Cultura Galega por unha comisión presidida polo sociolingüista Henrique Monteagudo foi aprobado polo plenario sen ningún voto en contra. Nel asegúrase que o decreto “é un paso atrás para a lingua galega, ademais de converterse nunha grande fonte de conflitividade”.

A nivel municipal o concello de Vilariño de Conso converteuse no primeiro ente local en posicionarse en contra. Coa alcaldía do PP, este concello ourensán aprobou por unanimidade  a  moción impulsada polo BNG en que se demanda a retirada do decreto.

Tamén estes días a Asemblea do Consello da Xuventude de Galiza aprobou  unha proposta de urxencia na que se suma “ao rexeitamento unánime expresado polas tres universidades galegas, a RAG, as centrais sindicais, os movementos de renovación pedagóxica, as ANPAS, as asociacións xuvenís e estudantís, as organizacións políticas e os colectivos sociais de todos tipo, contra o rascuño de Decretazo contra a lingua”.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >