Advertisement
Puntogal
500 edicións máis para A Peneira PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Guillermo Rodríguez Fernández   
miércoles, 03 de febrero de 2010

Nos medios de comunicación non diarios existen datas que teñen un valor especial. Sacar á rúa, hoxe coa que está caendo, un xornal-revista coma este é toda unha ousadía; chegar ao número cen podemos consideralo como unha proba da súa consistencia, acadar os 500 números editados xa entra no mundo dos milagres. Claro que todas estas cousas sempre teñen un aquel.

Como calquera obra escrita ou calquera proxecto de masas precisa unha especial motivación: ou ser algo que a sociedade está demandando e, polo tanto, non require moitos folgos para que se sitúe no mercado e se desenvolva sen problemas, ou ben pertencer a ese outro mundo das utopías, daqueles proxectos que se alguén se atrevera a facer un estudo de mercado chegaría á conclusión de que ninguén o bota en falta; a sociedade diría que vive perfectamente sen el; logo sacalo á rúa entra no eido da ousadía, do atrevemento ou é unha necesidade existente pero non sentida, sobre todo no bandullo, que é onde hoxe os cidadáns din sentir os problemas máis urxentes. Ler un libro, mercar un xornal, pasarse horas en internet buscando información formativa é algo que só sente unha pequena porcentaxe de cidadáns; e cada vez menos. Cada vez máis estamos asistindo á conformación dunha sociedade economicista e mecanizada que só utiliza unha pequena parte do seu cerebro, aquela que precisa para unha dar resposta axeitada ao “primum vivere” que nos dixeran os latinos; o “deinde filosofare” queda aprazado para un futuro próximo que nunca se volve presente. É neste contexto no que naceu A Peneira que hoxe celebramos coa chegada do número cincocentos. Cincocentos soños que nos quitaron moitas horas de sono, moitos quilómetros de estrada e moitas preocupacións pensando en se de verdade estabamos a facer algo útil ou era unha aventura que uns cantos tolos decidiran enfrontar. Hoxe estamos nese momento clave do proxecto. Chegamos á 500 edición e temos que preguntarnos como enfocar as próximas cincocentas do futuro. Un futuro que se presenta realmente difícil, incerto, sen un horizonte claro; sen coñecer se realmente isto que estamos a facer segue interesando, no suposto que algún día interesara, aos cidadáns desta terra nosa tan grande e tan pequena en proxectos deste tipo. Galicia, xa o dixera Castelao, é de sobra grande se queremos traballar por ela, cousa que nestes momentos parece estar lonxe das preocupacións dos nosos gobernantes; máis ben parecera están empeñados en reducir a súa existencia a unha mera xestión burocrático-administrativa como se dunha empresa calquera se tratara. Nós entendémola 25 anos ha e seguimos entendéndoa como algo sublime, como toda unha leira de grandes proporcións na que temos un traballo que facer; sementar día a día un futuro mellor, máis noso, nos sucos que coas nosas inquedanzas e os nosos esforzos imos abrindo para dicirlle a Rosalía que en Galicia aínda quedan homes e mulleres que a queren traballar. Traballo físico, traballo intelectual; compromiso cos seus sinais de identidade (lingua, a nosa marca indeleble que nos identifica como pobo); cultura, historia, paisaxe, terra e mar. Así entendemos nós a Galicia daquela; así naceu A Peneira. Hoxe estamos neste punto álxido da súa vida. O futuro nos dirá se mereceu a pena iniciar aquela andaina, seguir ata aquí e cal é a polar desta nosa humilde obra. Un futuro que queremos acadar con todos os nosos lectores, subscritores e anunciantes. Uns e outros foron, a carón das nosas ilusións, o sostén do noso traballo, porque aínda que primara o “filosofare” non puidemos nin podemos prescindir do “primum vivere”. Saúde e 500 edicións máis para A Peneira.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >