Advertisement
Puntogal
Edicións Alén Miño,do grupo editorial APeneira, presenta o libro ‘Cincocentas peneiras para 25 anos' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
miércoles, 03 de febrero de 2010

Portada do libro
Portada do libro
Políticos como Alberto Núñez Feijóo, Ceferino Díaz, Santiago Domínguez Olveira ou Alfonso Rueda, xornalistas como Caetano Díaz (director de Galicia Hoxe), José Luis Gómez (director de Xornal de Galicia), José Manuel Rey Nóvoa (director de El Correo Gallego) ou Xan Carballa (subdirector de A Nosa Terra), historiadores como Uxío Breogán-Diéguez, Francisco Carballo ou Xoan Bernárdez Vilar, o escritor Xesús Alonso Montero, o compositor Rogelio Groba, o editor Henrique Alvarellos, debuxantes como Pepe Carreiro, Xaquín Marín ou Xosé Lois, son algunhas das sinaturas que participan no libro que Edicións Alén Miño (editora do Grupo A Peneira) lanzará á rúa co gallo da saída do número 500 do seu xornal.

A publicación presentarase o vindeiro venres día 5, ás 20:00h., no Hotel Mondariz, de Mondariz Balneario, durante a celebración dunha gala, conducida pola xornalista Amparo Rodríguez, na que se repasarán os 25 anos de A Peneira. No acto intervirán o doutor en Ciencias Políticas e exconcelleiro vigués, Miguel Barros, e o director da empresa editorial, Guillermo Rodríguez.  Ao acto asistirán persoeiros do mundo da política, cultura, xornalismo, etc, de Galicia. A empresa editora convida a todas aquelas persoas que así o desexen a asistir ao evento.


Contido variado

Este libro, de 140 páxinas, recolle unha escolma de artigos asinados por algunhas das mellores plumas do noso país. No seu conxunto adquire a dimensión de síntese da evolución da sociedade galega nos últimos vintecinco anos enfocada desde un punto de vista multidisciplinar. A PENEIRA, que vén de celebrar o seu 25 aniversario e que acada xa a edición número 500, é o eixo central que articula estes relatos como espello que ten sido da nosa terra e dos feitos que nela se están a producir.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >