Advertisement
Puntogal
G.Vázquez di que a moción do Porriño non sairá de balde ó PP porque os cidadáns non querían o cambio PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 02 de febrero de 2010

Guillerme Vázquez
Guillerme Vázquez
O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou de "legal pero ilexítima" a moción de censura presentada no concello pontevedrés do Porriño contra o Goberno municipal do mesmo partido, alegando que "non había ningunha demanda da sociedade para solicitar un cambio de Goberno".

Así mesmo, dixo que a moción "non lle vai sair de balde" ao PP, porque asegurou que o alcalde nacionalista do municipio era "o mellor que tivo a cidade en moitos anos".

Así as cousas, denunciou que a cambio desa moción "vanse pagar favores das institucións públicas" e que se vai a "colocar xente na Deputación, familiares e amigos". Guillerme Vázquez concluíu dicindo que "vai custar máis dun coche".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior