|
O PSdeG abandonará o Consorcio se a Xunta mantén políticas de desmantelamento dos servizos sociais |
|
|
|
|
martes, 02 de febrero de 2010 |
 Beatriz Sestayo, secretaria de Benestar do PSdeG Máis dun centenar de concellos gobernados polo PSdeG abandonarán o Consorcio de Benestar se a Xunta mantén a súa política de "desmantelar" os servizos sociais e "privatizar" os servizos públicos. Así o anunciou a secretaria de Benestar dos socialistas galegos, Beatriz Sestayo, tras reunirse cos alcaldes e concelleiros de servizos sociais dos concellos gobernados polo PSdeG, para abordar a Asemblea do Consorcio de Benestar que se reunirá o vindeiro venres.
Sestayo acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo de "ningunear" aos concellos co abandono das políticas sociais públicas. A socialista expresou así a "rotunda oposición" do partido á privatización dos servizos públicos e asegurou que "non permitiremos que o PP faga deles un negocio cos seus amigos". A secretaria de Benestar criticou ademais a "paralización" de infraestruturas previstas e acusou un "intento" do PP de "coartar" aos concellos negociando "bilateralmente" asuntos que deberían tratarse na Asemblea do Consorcio. Segundo a socialista, a día de hoxe "non se crearon empregos públicos, paralizáronse centros que estaban previstos e á Xunta impuxo a algúns concellos cotas de mantemento para o seu funcionamento que non poden asumir". Así as cousas, Sestayo pediu a Feijóo e á conselleira de Benestar, Beatriz Mato que "recapaciten" con respecto ás súas políticas sociais, advertindo que "se o Consorcio abandona as súas funcións primarias, os socialistas non seguiremos nel".
Trackback(0)
|