Advertisement
Puntogal
Nelson Santos é proclamado Alcalde do Porriño PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Diego Giráldez /FOTO: Hernández   
lunes, 01 de febrero de 2010

Nelson Santos no momento da investidura
Nelson Santos no momento da investidura
Dende as primeiras horas da mañán xa se podía ver xente na porta principal de entrada ao salón de plenos do Concello para asegurarse un sitio no interior e poder ver, de primeira man, a sesión de debate da moción de censura que levou ao líder de Ciudadanos por Porriño (CxP) Nelson Santos a coller o bastón de mando do municipio. Ao mesmo tempo, varios técnicos instalaban catro pantallas de plasma na Praza para que os veciños que estaban no exterior poideran seguir o desenvolvemento da sesión. [Máis información no Blog da Louriña]

A medida que se achegaba a hora, decenas de persoas ateigaban a Praza e a expectación medraba. Ás 11:45h. entraron pola porta lateral do salón os concelleiros da oposición. Logo de abrir a porta para o público, os concelleiros nacionalistas entraron na sala entre os aplausos dos seus seguidores e acompañados dos líderes nacionalistas Carlos Aymerich, Carme Adán e Olaia Fernández Davila.

O pleno foi presidido polo independiente Marcelino Coto -concelleiro de maior idade- que ocupou o seu posto na mesa ao carón da nacionalista Miriam Martínez e o Secretario do Concello. Unha vez que os concelleiros ocuparon os seus lugares, deu comezo a sesión. Coto anunciou a orde de intervencións que, segundo sinalou, foi acordada días atrás na xunta de portavoces: Nelson Santos, abriría o pleno, seguido de Raúl Francés, para logo dar paso ás intervencións dos diferentes portavoces segundo a súa representación.

O portavoz do BNG, Pedro Pereira, pediu a palabra antes de proceder ao debate, para lembrar que o seu grupo denunciara días atrás que a redacción da moción de censura non entraba dentro da legalidade algo que, logo de que o secretario procedera á lectura da mesma, reafirmou Francés preguntándolle ao Secretario se “constaba a sinatura dos nove concelleiros promotores da moción” na folla presentada no rexistro municipal a través dunha notaria.

Durante toda a sesión plenaria podíase notar a tensión normal neste tipo de acontecementos. Os abucheos, as interrupcións nos discursos ou os insultos no interior, conviviron cos berros e aplausos das decenas de persoas que escoitaban o pleno a través dos plasmas emprazados na Praza do Concello. Algún aviso de expulsión por parte do presidente da sesión a algúns dos alí presentes e os comentarios ácedos durante as intervencións dos líderes políticos protagonizaron tamén o debate.

Trala intervencións dos portavoces das diferentes agrupacións e a votación foi proclamado alcalde do Porriño Nelson Santos Argibay que recibiu o bastón de mando das mans do presidente da mesa, Marcelino Coto.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >