Advertisement
Puntogal
Rubén Castro e Marta Fernández campións absolutos de campo a través PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
lunes, 01 de febrero de 2010

Rubén Castro
Rubén Castro
En Carballo celebráronse os Campionatos Galegos Absolutos, promesa e junior de campo a través, nun circuíto moi ben sinalizado, pero algo blando debido á choiva caida. A xornada comezou coa Categoría junior mulleres, onde a gran favorita Leticia Fernández do Ourense se fixo co titulo da categoría, entrando en segunda posición a atleta do Ria Ferrol, Melina Alonso e na terceira posición Raquel Rodríguez do Praias de Jandía.

En junior homes o vencedor foi Uxío Abuin do San Miguel de Oia, acompañándoo no podium Gilberto Costas do mesmo club e Samuel Rodríguez do Real Club Atletismo Celta.
Por equipos en mulleres o gañador foi o Ourense Academia Postal, o único que completou equipos, e en homes o San Miguel de Oia non tivo rival, xa que os 5 atletas que compoñían o equipo foron os 4 primeiros en cruzar a meta, seguidos do Ourense Academia Postal e Real club Celta de Atletismo.
Na carreira absoluta deuse a gran sorpresa da xornada, onde a falta de Penas e Nimo na liña de saída, o título conseguiuno Rubén Castro do Ourense, que nunha carreira intelixente de menos a máis se fixo co ouro, aínda que non fose o vencedor na chegada, onde se impuxo Hassan Lekhili, compañeiro de equipo, sendo segundo Óscar Piñeiro e terceiro Juan Pousa, todos eles de Academia Postal, que tamén se proclamou campión por Equipos, seguido da Sociedade Ximnástica de Pontevedra e o Coruña Comarca.
En promesas o título foi para Óscar Vicente da SGP, acompañándoo no podium Sergio Igrexas do Vila de Cangas e Nicolás Arroxo do San Fernando Lucus. Por equipos, o Vila de Cangas, Atletismo Naron e San Fernando Lucus compuxeron o podium.
A xornada finalizou coa disputa da carreira absoluta mulleres, onde as atletas do Comesaña Marta Fernández e Sandra Mosquera lograron o ouro e a prata, sendo bronce Natalia Raña do ría de Ferrol. Por equipos o Comesaña revalida título ao gañar con autoridade, seguido do Ourense Academia Postal e o San Miguel de Oia.
En promesas feminina non houbo sorpresa e Sandra Mosquera do Comesaña, inaugurou título na categoría, sendo segunda Paula Mayobre da SGP, e terceira Esther Navarrete do Atletismo Feminino Celta. Nesta categoría soamente o Ourense completou equipo.
En resumo boas sensacións para os atletas, antes da disputa dos campionatos de España de Clubs a celebrar en Haro, así como para o Nacional a celebrar en Coruña o próximo dia 7 de Marzo.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >