Advertisement
Puntogal
A Mesa inicia unha campaña de envío de correos a Feijóo para pedir o cese de J.Vázquez e Varela PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 01 de febrero de 2010

Carlos Callón
Carlos Callón
A Xunta Directiva da Mesa pola Normalización Lingüística acordou por unanimidade, unha campaña de envío de comunicacións ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo para que modifique en "profundidade" a súa política lingüística, educativa e cultural. A través desta acción demandarán ao Executivo autonómico o cesamento dos conselleiros de Cultura e Turismo, Roberto Varela, e de Educación, Jesús Vázquez, a que acusan de demostrar "a súa incompetencia para gobernar e a súa prepotencia á hora de falar cos principais axentes dos seus respectivos sectores", acusou o presidente da Mesa, Carlos Callón.

Pola súa parte, engadiu que "estamos ante un goberno queimado, rexeitado e desacreditado". Porén, dixo que Alberto Núñez Feijóo "aínda ten tempo de rectificar e escoitar á sociedade", e puntualizou que, se non o fai, os problemas "non farán máis que agravarse".

Callón lembrou que A Mesa, con súas 4.000 afiliadas e afiliados, é a maior asociación cultural de Galicia e que como tal se suma ás voces "que unanimemente, desde os máis diversos puntos de vista ideolóxicos, reclaman a inmediata saída do goberno de Roberto Varela", a que consideran como "un xestor nefasto", apuntou o dirixente da Mesa.

Carlos Callón apuntou que tampouco teñen constancia de que outro goberno no mundo siga adiante cunha reforma educativa, a pesar do rexeitamento tan unánime como o que concita o decretazo contra o galego". Engadiu que o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad "é incapaz de respectar consensos e puntos de encontro", polo que a asociación cultural pide a súa inmediata dimisión ou cesamento.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >