Advertisement
Puntogal
'Os Contos do Camiño' comeza a difundir as Rutas Xacobeas entre nenos de Portugal e Francia PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
lunes, 01 de febrero de 2010

A cidade de Évora
A cidade de Évora
O programa 'Os contos do Camiño', coordinado pola editora galega OQO e apoiado pola S.A. de Xestión do Xacobeo, púxose en marcha este mes nas cidades de Évora en Portugal e de Bordeux en Francia. A iniciativa europea percorrerá tamén as cidades de Óbidos (Portugal) e Madrid para culminar o seu itinerario en Santiago de Compostela no mes de maio. O obxectivo da acción é difundir as Rutas Xacobeas entre 25.000 nenos de toda europa.

O programa engloba seccións de contacontos e talleres de creación artística e animación á lectura, co obxectivo de dar a coñecer o patrimonio cultural das diferentes Rutas Xacobeas, a través dos contos de tradición oral.

En 'Os contos do camiño' nenos de entre cinco e oito anos e os seus profesores participan a través de música, palabra e imaxe, nunha sesión en que percorrerán varias Rutas do Camiño de Santiago. No taller 'A arte no Camiño' nenos de 9 a 11 anos participarán nunha viaxe virtual onde coñecerán varias rutas do Camino e as diferentes manifestacións artísticas que atravesan as Rutas Xacobeas.

Outro dos obxectivos do programa é converter aos nenos en "artistas", segundo explicaron desde a Xunta. Por iso, as creacións que elaboren en cada taller con axuda de profesores e ilustradores internacionais exporanse en Santiago na etapa final do itinerario europeo. Ademais, as obras plásticas que elaboren retratando a outros nenos de distinta nacionalidade serán expostas no Museo do Pobo Galego, nunha mostra aberta ou todo o público.

A celebración do Ano Santo 2010 é o motivo polo que a capital galega será o lugar de clausura desta acción. Santiago tamén acollerá en xuño un concerto como festa final, 'Contos en cantos do Camiño'.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >