Advertisement
Puntogal
O Consello da Cultura Galega discute o ditame sobre as bases do decreto do plurilingüismo PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 01 de febrero de 2010

Ramon Villares
Ramon Villares
O Consello da Cultura Galega discute, para a súa aprobación, o ditame sobre as bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que a Xunta remitiu ao CCG para o seu coñecemento. Será nun pleno que se celebrará ás 17.00 horas nas dependencias do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi de Santigo.

O borrador do ditame foi elaborado por unha comisión nomeada pola Comisión Executiva do CCG, composta por Henrique Monteagudo Romero, Rosario Álvarez Blanco, Victor Fernández Freixanes, José Antonio García Caridad, Ramón Máiz Suárez, Helena Villar Janeiro--todos eles membros do Pleno-- e Felipe Ferreiro Feijoo e Bieito Silva Valdivia como asesores.

Tras a celebración do Plenario, se o ditame foi aprobado, remitirase á consellaría de Educación. O documento farase público nunha roda de prensa que está previsto que concedan o martes o presidente do CCG, Ramón Villares, e Henrique Monteagudo como coordinador da comisión de redacción do ditame.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >