Advertisement
Puntogal
Os galegos de Lisboa reclaman a Galicia que potencie a súa presenza institucional na capital lusa PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 29 de enero de 2010

Centro Galego de Lisboa
Centro Galego de Lisboa
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciou a súa visita a Lisboa "vindo á casa", o Centro Galego de Lisboa, cuxo presidente, Miguel A. Seco, quixo incidir nunha cuestión que considerou clave. Nunha reunión privada, expresoulle certo déficit de representación institucional galega na capital portuguesa. "Débese potenciar a presenza do Goberno galego na capital do país, como fan outras comunidades de España", aseverou, alegando a importancia que este país ten para a autonomía, xa que supón "o 15% do comercio exterior de Galicia". Así mesmo, o embaixador español, Alberto Navarro, instou á autonomía a "apostar por Portugal e por un futuro xunto", elemento que a seu entender outorgará forza aos dous territorios.

O presidente autonómico visitou, no Centro Galego de Lisboa, unha exposición sobre o Xacobeo e pediu aos galegos que residen na capital lusa que visiten Galicia este 2010, con motivo do Ano Santo, e tamén a que sentan o "orgullo de ser galegos" desde Portugal, non sen antes precisar o obxectivo de facer dos camiños de Santiago unha mestura de "tradición e vangarda".

Se o presidente do centro e o galego apelaron á importancia dunha organización que funciona desde 1908, ambos os dous destacaron tamén o papel destas instalacións. O primeiro, para dicir que aínda que se manteñen as actividades existentes ata a data, cómpre unha adaptación á nova emigración galega, caracterizada por profesionais que se instalan "temporalmente" no país.

Tamén para esta faceta considerou importante reforzar a presenza institucional de Galicia en Lisboa, o que permitiría "gañar visibilidade" ao centro galego e polas posibilidades ""que iso pode supor para socios e empresas galegas. Especialmente, dixo, polo potencial en "turismo e empresarial" que existe entre ambos os dous países.

Pola súa banda, Feijóo destacou que o "57% dos socios do centro naceron en Portugal", polas actividades que organizan e porque a "xunta directiva está ateigada de xente nova, profesional e que traballa para empresas españolas e portuguesas".

Se todos aludiron á relación histórica entre Galicia e Portugal, o presidente autonómico fixo referencia á presenza do conselleiro de Economía, Javier Guerra, "de pai portugués", cuestión que aproveitou para demandar ao Apóstolo que tamén no Goberno deste país "un galego ou fillo dun galego" poida situarse "como ministro ou primeiro ministro".

Máis alá da cuestión política, referiuse a un "estilo" dos galegos que incluso recolleu palabras de Luis de Camoes, que escribiu que "sen galegos, Lisboa estaría desprovista de brazos", pola súa actitude "vigorosa" e porque "non paran de traballar".

Pola súa banda, o embaixador de España no país, Alberto Navarro, interveu ao momento para afirmar que Galicia é "a comunidade máis querida por Portugal", canda Estremadura.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >