|
O PSdeG acusa a Feijóo de marbellizar a costa galega ao modificar o Plan Galego de Acuicultura |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
viernes, 29 de enero de 2010 |
 Marisol Soneira A voceira de Pesca do grupo parlamentario do PSdeG-PSOE, Marisol Soneira, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "entregar o mellor da costa galega á especulación privada". Así o expuxo tras coñecer a modificación, no Consello da Xunta, do Plan Galego de Acuicultura. Así as cousas, a socialista di que con esta decisión o Executivo autonómico pretende "marbellizar" o litoral da comunidade a 0,60 euros o metro cadrado "como en Touriñán".
Soneira considera que a intención de Feijóo é expulsar ás empresas acuícolas que terminaron o prazo para solicitar as axudas europeas. Ademais, advirte que o procedemento para acceder aos polígonos acuícolas acordados no Consello, permitirán que os promotores privados "especulen" co solo, e que a Xunta "poida expropiar en beneficio dos especuladores" e non do interese público. Marisol Soneira afirma que coa modificación, os terreos adquiridos serán rexistrados como propiedade privada, deixando o interese acuícola "nun segundo plano". E é que sinala que os investidores interésanse por comprar terreos a prezos "regalados", en lugares a pé de praia que gozan dalgún tipo de protección.
Trackback(0)
|