Advertisement
Puntogal
O BNG pide que o Parlamento reprobe ao conselleiro de Cultura polo menosprezo á cultura galega PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
jueves, 28 de enero de 2010

Ana Pontón
Ana Pontón
A voceira de Cultura do BNG, Ana Pontón, pediu que o Parlamento de Galicia reprobe ao conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, polas súas declaracións de "menosprezo" e a súa actitude de "acoso e derrubamento" aos sinais de identidade de Galicia.

Así mesmo, censurou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, por manter, de forma "contraproducente", a unha persoa "allea á cultura do país". Para Pontón esta situación "non acontece en ningún país do mundo e, de acontecer, calquera presidente cesaríao de maneira fulminante" e demostra que o modelo de Feijoo é un "fracaso".

Para a deputada nacionalista, as declaracións vertidas polo conselleiro a pasada semana constitúen "a pinga que colma o vaso", ademais dun insulto "aos nosos creadores" e "cuestionan" a súa capacidade para o cargo que ocupa actualmente.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >