Advertisement
Puntogal
Máis de 600.000 persoas visitaron o posto institucional de Galicia en Fitur 2010 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 25 de enero de 2010

Stand galego en FITUR
Stand galego en FITUR
Máis de 600.000 persoas, entre operadores turísticos e público, visitaron o posto de Galicia ao longo dos cinco días que durou a Feira Intenacional de Turismo, Fitur 2010 en Madrid. No posto de promoción galega desarrolláronse 16 actos de difusión dos distintos destinos e produtos turísticos típicos da comunidade. O día 22 de xaneiro presentouse na feira o Xacobeo 2010 aos operadores turísticos nacionais e internacionais e aos medios de comunicación. Ao acto de presentación acudiron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

Todas as cidades de Galicia estiveron representadas en Fitur, como coexpositores, ademais de organismos de promoción turística como o Padroado Provincial de Turismo de Ourense, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Terras de Ulla e Tambre, ou a Mancomunidade de Municipios da Terra Chá.

Entre as actividades de difusión de oferta turística galega, destacou a presentación do paquete 'Entroidos de Ourense', para dar a coñecer os cinco entroidos ourensáns declarados festas de interese turístico, que se celebrarán a inicios de febreiro.

Como obxectivo de promocionar o Xacobeo 2010 e o Camiño de Santiago, estivo exposto o martelo co que o arcebispo da capital galega derrubou o pasado 31 de decembro os muros da Porta Santa. Outras das actividades que máis expectativas ergueron, foron a de percorrer a Ruta Xacobea a través dun simulador virtual e un espazo fotográfico no que os visitantes se podían vestir de peregrinos e facerse unha instantánea.

A expedición das augas minerais de Galica, foi outra das actividades de promoción que gozou de máis éxito en Fitur 2010, facilitando información sobre os principais manantiais galegos.

Na feira madrileña, tamén se deu a coñecer o turismo rural galego por medio dunha nova edición de folletos 'Aloxamentos turísticos de Galicia', 'Turismo rural', 'Guía de cámpings' e 'Galicia ao natural '.

No que fai á gastronomía, destacou o posto atendido por 18 alumnos do Centro Superior e Hostalería de Galicia.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >