|
'Queremos Galego' atribúe ao PP a manipulación dos informativos da TVG pola cobertura da folga do 21 |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
lunes, 25 de enero de 2010 |
 Manifestación do día 21 en Compostela A plataforma cidadá 'Queremos Galego' denunciou o suposto uso "partidista e manipulador" dos informativos da TVG por parte do PPdeG. Nunha nota de prensa, o colectivo criticou á TVG por minimizar" o impacto da folga do pasado 21 de xaneiro en contra do decreto do galego. A canle autonómica --segundo a plataforma-- centrou a información nos centros educativos nos que os profesores non secundaron a folga e nas opinións dos pais que están a favor do decreto.
O grupo sinala que a "esa manipulación informativa lle están a dar continuidade coa emisión de noticias sobre os beneficios de impartir inglés", acusando ao Partido Popular de querer "ocultar" co idioma estranxeiro "a súa agresión contra o galego". 'Queremos Galego' apunta que as bases que senta o borrador do decreto do plurilingüismo, non garanten que ao final da etapa educativa os estudantes consigan as destrezas necesarias en lingua galega. A plataforma quere facer chegar ao PP e á dirección dos servizos informativos da TVG que "por máis que se manipulen as noticias, non van a enganar ás miles de persoas que o pasado día 21 colapsaban a capital de Galiza, nin a outras miles que non puideron estar porque tiñan que traballar". E é que o colectivo defende que o documento elaborado pola Consellaría de Educación "non é bo, nin sequera para aprender outros idiomas".
Trackback(0)
|