|
O Bloque pide que o legado de Castelao sexa Ben de Interese Cultural e que se divulgue no Xacobeo |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
miércoles, 20 de enero de 2010 |
 Fragmento dunha obra de Castelao A voceira de Cultura e deputada do BNG, Ana Pontón, presentou no Parlamento unha Proposición non de lei para que o legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao sexa declarado Ben de Interese Cultural e se utilice o Xacobeo como plataforma de divulgación da súa obra.
Pontón afirmou que Castelao foi o promotor de que o Estatuto de Autonomía fose aprobado nas Cortes de 1936--durante a Segunda República-- polo que é "imprescindible" que o seu traballo obteña o máis alto nivel de protección co que conta a lexislación galega. A nacionalista criticou a campaña de promoción do Ano Santo por presentar un enfoque no que a cultura galega "é invisible" ou está "secundarizada", e engadiu que contratar a David Meca "para atravesar unha ría" non é unha "mostra de difusión" da cultura de Galicia. No tocante á un encontro sobre o Decreto de galego co conselleiro de Educación, o BNG afirmou que reclama a retirada do documento e que o Goberno da Xunta "debe escoitar á comunidade educativa e ao conxunto da cidadanía", que segundo Pontón, xa se posicionaron "en contra desta nova lei".
Trackback(0)
|