|
Hernández di que Galicia só poderá competir con Portugal en materia aeroportuaria cun destino único |
|
|
|
|
lunes, 18 de enero de 2010 |
 Agustín Hernández O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recoñeceu que Galicia só poderá competir con Portugal en materia aeroportuaria se leva a cabo ese obxectivo dun "destino único" e tres terminais. Nunha entrevista o titular deste departamento sinalou que a esta é "a única forma de facer competencia" aos demais aeroportos. Así, opina que só coordinadas, as tres instalacións galegas "poden estar en pé de igualdade con Saa Carneiro e ser unha oportunidade para Galicia".
Hernández explicou que a posta en marcha do Eixe Atlántico da alta velocidade ferroviaria "vai cambiar radicalmente esa realidade e potenciar as tres terminais cos centros das tres cidades". Así, engadiu que o primeiro paso que se vai a dar para fortalecer o sistema aeroportuario galego consiste en asinar o "comité de rutas", que xestionará a oferta das liñas aéreas e segundo a Xunta permitirá que os galegos teñan máis servizos e posibilidades de mobilidade aérea. Sobre este asunto, Hernández sinalou que "todo o mundo pode entender independentemente do lugar no que un viva, o interese dos cidadáns de ter o maior número de rutas posibles, sexa desde A Coruña ou desde Santiago", aseverou. En relación cos plans de Fomento para os aeroportos, Hernández admitiu que nun primeiro momento "estivemos preocupados" por se o Ministerio pretendía sacar controladores aéreos dos aeródromos galegos, feito que foi negado pola Secretaría de Estado.
Trackback(0)
|