Advertisement
Puntogal
Alberte Moço, portavoz NÓS-UP: ‘Do noso idioma depende a viabilidade como proxecto nacional’ PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Antón Fernández Escuredo   
viernes, 15 de enero de 2010

Alberte Moço
Alberte Moço
Alberte Moço sustitúe a Mauricio Castro no posto de portavoz de NÓS-Unidade Popular, a organización independentista defensora do galego, revolucionaria e antipatriarcal creada no 2001.

-Cal é o traballo dun portavoz?

-Representar á organización, ser a voz única, pública para cuestións de certo calado. Emitir declaracións que son asumidas pola organización, aínda que outros compañeiros podan ter voz, por exemplo nas comarcas.

-Ten que consultar o que di?

-Cando a Dirección Nacional me escolleu é porque depositou en min toda a confianza e entende que son unha persoa que asumo os principios da organización e a súa liña política. Aceptei o cargo dende esa perspectiva. Aínda así o que di o portavoz está sempre sometido á vontade dos acordos dos organismos de dirección ou da propia Asemblea Nacional.

-Falemos de actualidade. Cal é a razón de que esteamos nunha profunda crise económica?

-Quen provocou esta crise ten uns responsables. Primeiro o capital financeiro que impuxo un modelo de capital ficticio que acabou por provocar unha burbulla inmobiliaria por un lado e outras burbullas financeiras. Nos pensamos que esta crise non é algo novidoso. Quizáis sí na súa extensión e profundidade poda ter certos elementos de novidade pero non é máis que un fenómeno que acontece ciclicamente no capitalismo e que é inherente a súa natureza depredadora. A ideoloxía do máximo lucro por riba de todo acaba por provocar situacións como esta.

-Que pensa NÓS-UP da actual situación lingüística?

-Non esperábamos que Feijoo "pisara o acelerador" no proceso de españolización do noso país. Encaixa cunha iniciativa anterior de rearme ideolóxico de todo este españolismo máis rancio cuxo obxectivo último é negarnos como nación dende o punto de vista lingüístico-cultural. Nós temos as cousas claras. Do noso idioma depende a viabilidade como proxecto nacional.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >