Advertisement
Puntogal
Homenaxe a Castelao no 60 cabodano PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
viernes, 08 de enero de 2010

Homenaxe a Castelao en Rianxo
Homenaxe a Castelao en Rianxo
Este xoves, 7 de xaneiro, tivo lugar en Rianxo a homenaxe a Castelao con motivo do 60º cabodano do seu pasamento no exilio arxentino. O acto comezou ás 12.00 no Cuartel Vello coa presenza de Guillerme Vázquez, voceiro nacional do BNG, e de Adelina Ces, voceira municipal de Rianxo.

O 7 de xaneiro de 1950, faleceu no Sanatorio do Centro Galego de Buenos Aires, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, cúmprense polo tanto sesenta anos do seu pasamento, os seus libros, debuxos e caricaturas da Galicia caciquil, por desgraza, aínda hoxe se poden considerar actuais. A súa morte tivo moita repercusión no exilio, pero foi discretamente difundida en Galicia. O seu enterro fora multitudinario e algo nunca visto. O cortexo estaba formado por cantidade de coches que se dirixían ao cemiterio da Chacarita e en Buenos Aires, unha ducia de carrozas ateigadas con flores encabezaban o séquito fúnebre.

O acto

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, destacou no acto de Rianxo que a dignidade e a entrega do autor do 'Sempre en Galiza' á causa nacional galega “permitiron que Galiza puidese equiparar o seu Estatuto aos de Euskadi e Catalunya, mentres que quen hoxe nos goberna é responsábel de ter rebaixado este estatus, ao ter vetado o impulso do novo Estatuto para expulsarnos da liga das nacións”. “Proseguiremos a reclamar un Estatuto que contemple o recoñecemento á plurinacionalidade do Estado, queremos un Estatuto de primeira e non aceptaremos que Galiza perda rango institucional”, sinalou.

O líder do BNG cargou contra o Decreto Feijóo: “Por vez primeira, o Goberno galego lexisla contra o idioma do País”. “O Goberno galego existe para protexer a lingua propia do País. Así o indica o propio Estatuto. No canto de cumprir coas súas obrigas, o Goberno Feijóo continúa potenciando o castelán, en detrimento do galego”, engadiu.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior