Advertisement
Puntogal
José Blanco : ‘Os vigueses poderán gozar dunha conexión ferroviaria rápida a partir de 2012’ PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Juan Louzán   
martes, 05 de enero de 2010

José Blanco, ministro de Fomento
José Blanco, ministro de Fomento
A súa ficha é concisa: Nado o 6 de febreiro de 1962 en Palas de Rei (Lugo). Deputado da VI, VII e VIII lexislaturas.Casado. Senador nas Lexislaturas IV e V. Estudos de Dereito pola UNED. Administrativo. Membro do Comité Nacional do PsdeG-PSOE. Membro do Comité Federal do PSOE. Secretario de Organización do PSOE. José Blanco é un ministro ao que a ultradereita española dedica gran parte do seu cruzado antigoberno, pero como bo galego ten estómago de gran roedor e aguanta con enorme diplomacia todos os golpes baixos que o PP desexa –sin logralo - darlle de forma sistemática. Di o sabio que “polos seus feitos coñecerédelo”. Alta Velocidade ou AVE é unha grandísima obra de alta enxeñería informatizada que dará, sen dúbida, un gran impulso e progreso a Galicia. Os investimentos son dunha magnitude extraordinaria e a partir de 2012 gozaremos dunhas redes modernas que nos conectarán en poucas horas coas principais cidades de España. Lograr unha entrevista con este ministro é unha empresa de tenaz paciencia xa que a súa carteira ten unha actividade frenética. Para pouco no seu despacho e as súas continuas viaxes apenas lle deixan gozar da súa familia, pero séntese orgulloso do seu traballo e a transcendencia do mesmo no futuro de Galicia e de España.

 

-Pódese considerar unha obra faraónica o AVE a Galicia?

-En ningún caso. Desde logo que a liña de alta velocidade a Galicia vai requirir inxentes esforzos para a súa construción, pero se me pregunta se é unha obra excesiva ou fastuosa, non o é para nada. Trátase dun gran proxecto ao que o Goberno de España está destinando un considerable investimento, necesaria para facer posible unha conexión ferroviaria áxil e sostible con Galicia. Desde o Goberno estamos xestionando os recursos públicos con extrema sensatez e ese mesmo sentido inspirou o deseño e a construción desa infraestrutura. Creo que hai que investir máis cando máis se necesita, e onde máis se necesita, e creo que agora hai que facelo en Galicia.

Precisamente, foi o respecto aos principios de eficacia e eficiencia o que fixo que unha das miñas primeiras decisións como ministro de Fomento fose pór sobre a mesa a situación do tramo Lubián-Porto desta liña, de extrema dificultade técnica, e que conforme ao deseño anterior-trazado antes de 2004 - supuña a creación dun colo de botella que Galicia non lle podía permitir. Asignamos todos os recursos necesarios para que ese tramo siga os mellores parámetros da alta velocidade e ese é o compromiso que adquirimos cos cidadáns galegos.

- Acurta o tempo en alcanzar o obxectivo se temos en conta que xa está circulando o AVE ata Valladolid?

-A liña de alta velocidade Madrid-Olmedo será o corredor que dea acceso ao centro peninsular a todas as liñas do cuadrante noroeste. Neste momento todos os tramos entre Olmedo, Zamora e Lubián encóntranse xa en fase de obras, pero desde logo que o primeiro obstáculo natural a salvar era o Sistema Central e a Sierra de Guadarrama en particular. Así o fixemos en decembro de 2007 co túnel de Guadarrama, un dos máis longos do mundo.

-Haberá “E” en Galicia como no País Vasco?

-Ben, se me permite a analoxía, será máis complexa que a letra “E” grega, a súa forma parecerase máis a unha enorme letra hache. Así o recolle o Plan Estratéxico de Infraestruturas do Transporte que, como sabe, é o roteiro do Ministerio de Fomento para un horizonte temporal que chega ata 2020, e así pode comprobarse xa sobre o terreo nas actuacións que Fomento está executando.

A liña de alta velocidade Ourense-Santiago de Compostela, que está xa nas fases finais de construción, entrará en servizo no 2011. Por outra banda, seguen avanzando a moi bo ritmo os traballos no eixo Atlántico, Vigo-Pontevedra-Santiago de Compostela-A Coruña, especialmente entre estas últimas dúas cidades, que xa se encontran a apenas a media hora de viaxe tras a posta en servizo do trazado de alta velocidade o pasado 13 de decembro e a electrificación desta liña permitirá que no 2012 podamos ofrecer nela servizos de alta velocidade ferroviaria nas máximas condicións de calidade. A rede completarase ademais cun corredor de alta velocidade e altas prestacións entre Ourense e Lugo por Monforte.

-Chegará o AVE ás catro capitais de provincia galegas?

-Así será e así quedou exposto no protocolo que asinei co presidente da Xunta de Galicia o pasado mes de xullo. Desde Fomento estamos impulsando unha auténtica rede ferroviaria galega que non só conectará a comunidade co resto da península, senón que constituirá unha malla de progreso e vertebración para toda Galicia.

 -Se os cálculos non fallan cando se poderá viaxar en AVE entre Madrid-Vigo?

-Os vigueses poderán gozar dos beneficios dunha conexión ferroviaria rápida, segura e limpa a partir de 2012 coa posta en servizo de todo o eixo atlántico grazas á introdución dunha nova serie de trens de alta velocidade híbridos universais.

 -Hai proxecto firme para o AVE Vigo-O Porto ou é para longo prazo?

-Así estamos traballando intensamente para que a devandita conexión, que permitirá achegar aínda máis dous das zonas máis dinámicas da fachada atlántica peninsular, sexa unha realidade o máis pronto posible. Precisamente, o pasado 23 de novembro, o ministro de Obras Públicas, Transportes e Comunicacións de Portugal, Antonio Mendonça e eu ratificamos o compromiso de ambos os dous países con esta liña. Porén, quedan por resolver algúns aspectos do trazado ao seu paso por algúns municipios e para iso esperamos contar coa colaboración da Xunta.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >