Advertisement
Puntogal
Multitudinaria protesta en Santiago para opoñerse ao novo decreto do galego PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 8
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 31 de diciembre de 2009

Manifestación contra o novo decreto
Manifestación contra o novo decreto
A Praza do Obradoiro de Santiago acolleu a unhas dous mil persoas nunha manifestación 'express' convocado pola plataforma 'Queremos Galego' para protestar contra o novo decreto da Xunta para regular o galego no ensino, e que anulará o documento de 2007. Ademais, 'Queremos Galego' e o sindicato CIG convocaron unha folga no ensino contra a nova normativa para o 21 de xaneiro.

Malia que a protesta estaba prevista na Praza do Obradoiro, trasladaríase logo a San Caetano, ao celebrarse alí o Consello da Xunta e non no Pazo de Raxoi.

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, denunciou o "oportunismo" do PPdeG por presentar o borrador do decreto "a última hora e en véspera de Fin de Ano", co fin, dixo, de evitar "o amplo rexeitamento das comunidades educativas" cara a esta proposta, e ao respecto engadiu que "só lles faltaba que o presentasen de noite ou de madrugada e no medio dunha fraga perdida".

O responsable de acción sindical do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino en Galicia (STEG), Xosé Cabido, colificou como "pouco democrática" a maneira de actuar do PPdeG, e afirmou que deste xeito a Xunta de Feijóo pretende "eliminar e agochar" a contestación social e evitar que os maiores afectados, os centros educativos, poidan rebater o borrador.

A responsable de lingua dentro da comisión permanente de Galiza Nova, Noa Presa, tamén presente na protesta, afirmou que o decreto que presentará o Partido Popular "supón un paso máis atrás por que nin sequera garante un marco legal para o galego non ensino", e engadiu que "debe existir un decreto de mínimos por debaixo do cal non se pode aceptar nada", e o limiar está delimitado "polo actual decreto", afirmou.

Na mesma liña, o secretario nacional da Confederación Intersindical Galega (CIG), Anxo Louzao, declarou que a presentación do borrador é unha "nova agresión á docencia en lingua galega", e acusou a proposta do PPdeG de "involucionista e regresiva", na medida en que "tira por terra" o decreto xa existente ao non garantir que polo menos o 50% das materias se impartan en galego.

Outra das críticas ao Goberno de Feijóo foi o cambio de hora e lugar habitual do Consello. Segundo Callón, estaba previsto para as 12 horas en Raxoi pero ante a convocatoria da manifestación de 'Queremos Galego', a reunión tivo lugar ás 17 horas en San Caetano, nos edificios da Xunta.

Por este motivo, a protesta non se concentrou só no Obradoiro, como a organización acordou nun principio, senón que desde alí os participantes partiron, en palabras de Callón, en "peregrinaxe" a San Caetano, co fin de mostrar o desacordo da organización asistentes coa política lingüística da Xunta.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior