Advertisement
Puntogal
Os clubs galegos de alta competición promocionarán o Xacobeo no 2010 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
miércoles, 30 de diciembre de 2009

Acto oficial de sinaturas do Plan galego de Patrocinios
Acto oficial de sinaturas do Plan galego de Patrocinios
Os clubs galegos de alta competición promocionarán o Xacobeo 2010 esta tempada despois do acordo asinado entre a Secretaría Xeral para o Deporte e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo que uniron os seus esforzos para pór en marcha un plan histórico de apoio aos clubs de alta competición de Galicia. O plan significa o investimento de máis de 2.300.000 euros e beneficiará a máis dun centenar de entidades de toda a comunidade que, ademais de ser as máis representativas, na súa gran maioría soportan gran parte do deporte de base de Galicia.

No Hostal dos Reis Católicos produciuse a presentación dos contratos de patrocinio, nun acto no que interviñeron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director-xerente do Xacobeo, Ignacio Santos. Estes contratos son consecuencia do acordo asinado polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, e o secretario xeral para o Deporte.

Segundo José Ramón Lete, o acordo é "histórico". "Anunciamos que o 2010 será o ano dos clubs e este acordo é unha demostración de que cumpriremos ese compromiso. Con este plan ampliaremos as axudas os clubs axiña moi delicado para eles", explicou.

Para o director do Xacobeo, Ignacio Santos, o plan galego de patrocinio deportivo "supón o satisfactorio resultado do xogo en equipo levado a cabo entre a Xunta e os equipos e clubs galegos".

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >