|
Queremos galego convoca unha concentración mañá en Compostela contra o novo decreto do galego |
|
|
|
|
Escrito por Redacción
|
|
martes, 29 de diciembre de 2009 |
 Espérase unha masiva afluencia á concentración Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para o mércores 30 de decembro ás 17.00.
Segundo esta plataforma Feijóo vai a facer a presentación do contradecreto na véspera dun festivo para os medios de comunicación, 'como xeito de tentar evitar a reacción das comunidades educativas. Porque este goberno sabe, sobre todo despois das inmensas mobilizacións do 17 de maio e do 18 de outubro, que non conta co respaldo nin da maioría do estudantado, nin das familias, nin do profesorado, nin do conxunto da sociedade'. A plataforma lembra que o inminente “contradecreto” culmina 'unha política educativa contra o galego que xa é visíbel nos centros de ensino neste curso': 'o decreto de infantil, a destrución do modelo das Galescolas eloxiado internacionalmente, a neglixencia á hora de facer cumprir a lexislación agora en vigor e as declaracións contra o galego por parte dos actuais responsábeis da Xunta, creando un clima de crispación, enfrontamento e maior minorización do galego'.
Trackback(0)
|