|
Escrito por Ismael García Méndez
|
|
martes, 29 de diciembre de 2009 |
|
Fixo un ano que nunha rúa céntrica dunha cidade galega estaba un bus aparcado. Unhas grosas letras pintadas nel chamaron a miña atención. Achegueime e vin a mensaxe que transmitían: eles eran vítimas dunha imposición; seica algúns tentaban impoñerlles 'manu militari' o emprego do noso idioma nos centros públicos.
Eles - polo visto, afervoados demócratas de sempre- sentíanse perseguidos polo feito de 'defender el castellano'. Como todo o mundo sabe, isto é mentira. O castelán en Galicia non precisa de defensa algunha. O galego é o que corre perigo de desaparecer. A nosa lingua é a que necesita protección e mimo. Aquela xente do autobús itinerante sabía que mentía. Si eles dixeran: mirade, nós somos galegos acomplexados; o que nos pasa é que sentimos vergoña do noso, pois fomos educados desde nenos así, e queremos seguir sin saber nada da historia de Galicia, da súa lingua e cultura e de todo o que supoña fidelidade á terra. Entón, coño, con moita pena diríamos: esta xentiña da vergoña allea, pero non minten. En resumo: ¿A que xogan istos galegos? Pois xogan a non ser galegos. Xogan a ser outra cousa. Prefiren andar cunha máscara pola vida. Caen de cheo na categoría do que Sartre chama 'mala conciencia'.
Trackback(0)
|