Advertisement
Puntogal
PP e BNG aproban a lei de caixas co voto en contra do PSdeG, que ve a norma 'á medida de Feijóo' PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
martes, 29 de diciembre de 2009

Xaquín Fernández Leiceaga
Xaquín Fernández Leiceaga
O Parlamento galego aproba a nova lei de caixas co voto favorable dos 50 deputados que suman PPdeG (38) e BNG (12) e pese ao rexeitamento dos socialistas que manteñen o seu voto negativo --xa explicitado en comisión-- a unha norma que ven "intervencionista e á medida do presidente Feijóo".

"É a lei do PP e o BNG terá que explicar por que acepta unha norma cambiada", argumentou o voceiro parlamentario do PSdeG, Xaquín Fernández Leiceaga, quen advertiu de que a única fórmula para obter o voto favorable do seu grupo é que 'populares' e nacionalistas acepten todas as súas emendas en prol de do "consenso ", aínda que non manifestou moitas esperanzas ao respecto.

Fernández Leiceaga xustificou a súa postura de acordo con que o PSdeG non está disposto a aceptar "calquera lei" e insistiu en que os outros dous grupos con representación na Cámara teñen aínda "a oportunidade de rectificar" e aceptar as súas emendas no pleno extraordinario  para evitar que saia adiante unha norma creada co fin de servir "aos propósitos "do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo.

Fronte a iso, os voceiros parlamentarios en materia económica de BNG, Fernando Blanco, e PPdeG, Pedro Puy, negaron que esta reforma normativa se faga para favorecer unha fusión entre as dúas caixas galegas--Caixa Galicia e Caixanova-- á que se mostrou favorable a Xunta e cuxa viabilidade estuda agora unha auditoría.

"Sustantivamente, entre esta lei e a anterior hai cambios positivos; é unha lei máis progresista e quen diga o contrario, mente", proclamou o voceiro nacionalista. Tamén Pedro Puy destacou as "melloras" da norma no ámbito "da supervisión, da independencia e da representatividade "nos órganos das entidades de aforro.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >