Advertisement
Puntogal
O 2010 será o 'Ano da Muralla Romana' de Lugo, coincidindo co X aniversario da declaración da Unesco PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
martes, 29 de diciembre de 2009

Tramo da muralla romana de Lugo
Tramo da muralla romana de Lugo
O 2010 será oficialmente o “Ano da Muralla Romana” de Lugo, coincidindo coa celebración do décimo aniversario da declaración do monumento como Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco. A proposta, que foi presentada polo Goberno local da capital lucense, foi aprobada en Pleno por unanimidade de todos os grupos da Corporación municipal –PsdeG-PSOE, BNG e PPdeG-.

No texto que foi sometido á consideración do Pleno, destácase que esa distinción marcou “un antes e un despois” na evolución da cidade, tanto no seu recoñecemento dentro e fóra de Galicia como no aumento “da autoestima e o orgullo da cidadanía” lucense.

O alcalde, o socialista José López Orozco, confirmou durante a súa intervención no Pleno que o Goberno local ten intención de organizar varios conmemorativos, á altura do que esta efeméride representa para Lugo e sempre de acordo coas posibilidades orzamentarias dun ano de crise, no que a Administración local terá que facer fronte a unha notable caída dos ingresos.

En todo caso, tamén avanzou que a responsabilidade de deseñar eses actos non recaerá exclusivamente no Goberno local, porque se constituirá unha comisión específica para organizar un aniversario como o monumento en si “merécese”, o mesmo “que a cidade”, reiterou o alcalde.

López Orozco non ocultou a súa intención de aproveitar “as sinerxias” que pode xerar a celebración do Xacobeo 2010. “Todos somos conscientes da importancia que ten este evento no conxunto de Galicia e queremos aproveitar este feito, así como a cantidade de xente que virá á nosa terra, para que poidan vir a Lugo e ser conscientes do que a historia deixou no noso país”.

“Esperamos que 2010 sexa un ano de todo o conxunto da sociedade lucense e galega”, explicou o alcalde, quen agregou que esta declaración “nace con ese espírito e nós temos que traballar para conseguir os obxectivos que se pretenden”.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >