Advertisement
Puntogal
Alimentos Lácteos reúnese con Pascual para pechar os flocos do contrato de arrendamento en Outeiro PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
Escrito por Redacción   
lunes, 28 de diciembre de 2009

Roberto Casas, xerente de Alimentos Lácteos, s.a.
Roberto Casas, xerente de Alimentos Lácteos, s.a.
Representantes da sociedade Alimentos Lácteos S.A manterán esta semana unha reunión coa dirección do grupo Leite Pascual, nun lugar que aínda non foi concretado, para pechar “os últimos flocos” do contrato de arrendamento da fábrica que a empresa burgalesa ten na localidade lucense de Outeiro de Rei.

Aínda que existe un acordo de “confidencialidade” entre ambas as dúas empresas, para levar as negociacións con certa discreción, o xerente da sociedade, Roberto Casas, confirmou e que ese encontro ía a celebrarse a semana pasada, pero como consecuencia das inclemencias meteorolóxicas, que complicaron os desprazamentos por estrada e ocasionaron restricións no tráfico aéreo, foi finalmente adiado.

En todo caso, recoñeceu que por parte da sociedade á que representa hai interese por pechar a negociación no prazo máis breve posible. Se pode ser, incluso antes de que finalice o presente ano, polo que os temas que se abordarán na citada reunión serán de suma importancia para concretar o traspaso.

De momento, cinco cooperativas galegas, lideradas pola Arzuana, representan a punta de lanza deste proxecto empresarial –Terra Cha(Castro de Rei), Gancobre (A Pastoriza), Mopán (Monterroso) e Perpetúo Socorro (Arzúa)-, cunha base social formada por 2000 explotacións galegas e capacidade para producir uns 200.000 litros de leite ao día.


Novos socios de Vilalba, Guitiriz e A Ulloa

Porén, para completar a oferta empresarial, os promotores desta iniciativa teñen que garantir unha produción diaria de 500.000 litros. Para iso, están negociando nestes momentos con outras cinco cooperativas galegas, tres delas da provincia de Lugo, segundo informou Roberto Casas, quen se negou a falar dos futuros asociados ata que as súas respectivas asembleas de socios ratifiquen a súa integración no proxecto.

En todo caso, outras fontes vinculadas ao sector primario galego precisaron que a nova empresa estableceu contactos coa directiva dunha cooperativa da zona de Vilalba e Xermade, con outra de Guitiriz e cunha terceira cuxo ámbito de influencia é a bisbarra da Ulloa. Terían que achegar unha capital social mínima de 10.000 euros para incorporarse a Alimentos Lácteos S.A, polo que a devandita decisión está agora en mans de seus respectos asociados, que terán que votar en asemblea.

Polo demais, a pesar dos poucos datos que transcenderon sobre o acordo con Pascual, sábese que Alimentos Lácteos pagará un aluguer mensual bonificado durante os dous primeiros anos, cunha cota máis alta no nove exercicios seguintes, xa que o acordo terá unha vixencia de 11 once anos.


Contactos con cadeas de distribución

Ademais, segundo informou o propio Roberto Casas, a sociedade xa estableceu contactos e está en negociación con tres grandes cadeas de distribución que operan no territorio nacional, co obxectivo de acadar un acordo para envasar as súas respectivas marcas de leite cando se reinicie a produción na fábrica.

Eses primeiros contactos non son máis que o inicio de ambicioso proxecto comercial, explicou, porque nos próximos meses a sociedade ten previsto achegarse a outras operadoras do sector da distribución, para continuar co proceso de captación de clientes e asegurar unha saída para a produción de leite e carga de traballo para a fábrica de Outeiro de Rei.

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >