Advertisement
Puntogal
Un museo da Emigración na Cidade da Cultura? PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 1
MaloBon 
Escrito por Redacción   
jueves, 24 de diciembre de 2009

Xornadas “A musealización das migracións: experiencias comparadas”
Xornadas “A musealización das migracións: experiencias comparadas”
O “Museo das Migracións” podería integrarse na Cidade da Cultura, entendida como ponte entre Europa e América, reforzada polos fluxos migratorios. Así o ve o informe presentado polo Consello da Cultura Galega, a través do seu Arquivo da Emigración Galega, e defendido polo presidente da institución, Ramón Villares, e polo coordinador das xornadas “A musealización das migracións: experiencias comparadas”, Xosé Manoel Núñez Seixas, que tiveron lugar o 16 e 17 de decembro. As xornadas permitiron coñecer experiencias de Portugal, Arxentina, Brasil, Suecia e Alemaña. A proposta, aberta a outras melloras, busca facer algo últil e positivo co legado migratorio e reforza a idea, en rede, dun centro multifuncional de cabeceira en relación coas mais de cen sociedades galegas en todo o mundo.

“Non se trata de pagar débeda histórica algunha, senón de pensar o século XXI a partir deste patrimonio e de acoller positivamente o legado migratorio, referente esencial e transversal da historia e da identidade de Galicia, proxectada tamén na inmensa actividade das comunidades galegas no exterior”, afirmou Ramón Villares. O outro referente importante ten que ver con Compostela e o Camiño de Santiago e esas circunstancias explican a suxerencia da integración do futuro “Museo das Migracións” na Cidade da Cultura, entendida ésta como ponte entre Europa e América co inevitable fío conductor do fenómeno migratorio.

Xosé Manoel Núñez Seixas, pola súa parte, referiuse ao museo, partindo da idea do recoñecemento da importancia da migración, elemento transversal e circular na súa configuración de ida e volta, partida e retorno, sen a que non é posible explicar a historia moderna e contemporánea de Galicia. Aludiu asemade á necesidade de favorecer o diálogo cultural e a transnmisión entre xeracións, “integrando e asumindo a nosa identidade transcultural e transnacional”. Non esqueceu a posibilidade de dotar de pluralidade a oferta de turismo cultural en Galicia.

Polo que se refire á idea do Museo das Migracións, Nuñez Seixas falou dun centro multifuncional con catro partes diferenciadas: o museo propiamente dito, con exposición permanente e exposicións temporais, un centro de documentación, un núcleo de investigación científica sobre migración e un centro virtual, complementario do espazo físico.


Arquivo da Emigración Galega

“Ven de vello a idea de crear un museo das migracións. Do que agora se trata é reforzar a idea e buscar posibilidades de converxencia para facelo posible, entendéndoo como unha oportunidade”, explicou Ramón Villares, que lembrou o traballo desenvolvido polo Arquivo da Emigración Galega, desde a súa creación en 1992 no Consello da Cultura Galega. Falou dun fondo documental, fotográfico, bibliográfico, hemerográfico e sonoro que reúne o legado de 457 sociedades de emigrantes, sobre todo de Arxentina, trescentas caixas de documentación microfilmada e unas cincocentas publicacións periódicas, entre outros legados.


Experiencias museográficas

Ao longo de dous días pasaron polo Consello da Cultura Galega varios relatores. María Beatriz Rocha-Trindade (Universidade Aberta, de Lisboa, Museus de Migraçôes: Abrangência Nacional, Potencialidade Educativa, Acçâo Social) falou da “Teoría e práctica da musealización das migracións”; Fernando Devoto, da Universidade de Bos Aires, fixo unha análise sobre “As migracións internacionais entre historia, memoria e patrimonio”;  Ana María Leitâo (O Memorial do Imigrante de Sâo Paulo) puxo “Exemplos de Museos da Emigración en Europa e América”; Christina Persson (A Casa do Emigrante Sueco en Växjö), Karin Hess (A Casa do Emigrante Alemán de Bremerhaven) e Isabel Ferreira Alves (O Museu da Emigraçâo e das Comunidades de Fafe-Portugal) explicaron cada unha das súas experiencias.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
Seguinte >