Advertisement
Puntogal
A conselleira de Traballo recibe o premio 'Coruñesa do ano '2009 PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
miércoles, 23 de diciembre de 2009

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu “con gratitude e humildade” o seu nomeamento como “Coruñesa do ano ”2009 por parte da Asociación de Veciños do Ensanche. Un galardón que lle entregou o ex ministro de Cultura e coruñés do ano 2008, César Antonio Molina, nun acto que tivo lugar na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade herculina.

Mato asegurou recibir o premio con "profunda emoción" e dedicou parte do seu discurso ao recoñecemento do labor realizado polos que mereceron a distinción en anos anteriores: Francisco Vázquez, Santiago Rey Fernández-Latorre, José Luis Méndez e César Antonio Molina. É este, polo tanto, o primeiro que se lle outorga a unha muller.

A representante autonómica explicou que levar o nome da cidade é "un honor e unha gran responsabilidade” e realizou un percorrido polos recordos que ten da Coruña, cidade na que reside. É por ese vínculo que mantén coa urbe herculina que lle produce "satisfacción" desenvolver proxectos como as escolas infantís e os centros de día de Eirís e Montealto.

Destacou o labor de dinamización que desempeñan as asociacións de veciños e defendeu os valores de “apoio mutuo e solidariedade” como “piares sobre os que resistir as dificultades dos nosos tempos”.

Neste sentido, fixo fincapé en que a “cooperación, participación e solidariedade" son os "auténticos valores sobre os que asentar o benestar”.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >