Advertisement
Puntogal
Jesús Vázquez invita ao PSdeG a chegar a "acordos" en materia lingüística como os de Euskadi PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 0
MaloBon 
miércoles, 23 de diciembre de 2009

Jesús Vázquez
Jesús Vázquez
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, convidou ao PSdeG a seguir o modelo do País Vasco e unirse ao PP--como "as dúas forzas maioritarias" do país-- para poder chegar a "acordos que satisfagan á maioría dos galegos". Fiíoo en resposta a unha interpelación do deputado socialista Francisco Cerviño sobre a proposta do Consello daCultura Galega (CCG) de impulsar un consenso lingüístico real.

Cerviño solicitou ao conselleiro que puxese "os intereses lingüísticos por riba dos intereses partidarios" e, xa nun ámbito máis concreto, que os puxese "por riba das alcaldías de Vigo e A Coruña". Ademais, reclamou que a lingua debe ser sacada de "debate político" pero non da política ".

O conselleiro de Educación, pola súa banda, defendeu a necesidade de "revisar os modelos de normalización lingüística dos últimos anos" e traballar para que a percepción do galego sexa positiva. Neste sentido, e tras recoñecer que "a lingua galega está nunha situación de desvantaxe", reiterou as chamamentos a "deixar a un lado os intereses partidistas" e instou ás minorías " a respectar os acordos.

Na súa intervención, Jesús Vázquez mostrouse crítico coa actitude do BNG e recriminoulles que "fixo máis Sin-Chan falando en galego que vostedes en catro anos". Pola súa banda, o deputado popular Agustín Baamonde acusou o Bloque de fomentar un "conflito grave: a identificación da lingua galega con nacionalismo".

PPdeG e oposición contrastaron pareceres sobre o conflito lingüístico, e Francisco Cerviño alertou de que o Goberno que preside Feijóo pode acabar provocando "un verdadeiro lingüicidio". Mentres o conselleiro aseguraba que "cada quen terá que ceder" para acadar o consenso e que "castelán e galego deben recuperar a convivencia política"; a oposición lamentou a ruptura do consenso por parte do PP.

Desde o BNG, Bieito Lobeira acusou á Xunta de estar "obsesionada con aplicar unha política de eutanasia cultural e terrorismo lingüístico". Esa política que definiu como "de puño de ferro con luvas de seda" supón--en opinión do deputado nacionalista-- "tratar o galego como un dialecto" e "ameazar con oficializar a toponimia deturpada".

Lobeira alertou tamén da prevista aprobación "con aleivosía" do borrador de decreto de "desgaleguización nas aulas", do que sinalou que chegará coma se o trouxese "Papa Noël" e "conculcará o plan e a lei de normalización lingüística de Galicia, que fala de progresividade e non de regresividade". Fronte a isto, Lobeira pediu á Xunta que parta "de cero", elimine as medidas adoptadas nos últimos meses e vire ao diálogo cos grupos parlamentarios para fixar os ritmos e prazos de aplicación do Plan Xeral de Normalización Lingüística.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >