Advertisement
Puntogal
Condenados a entenderse? Veremos. PDF Imprimir E-Mail
Calificación do usuario: / 2
MaloBon 
martes, 22 de diciembre de 2009

Fusión ou absorción? Non, non estou a referirme a Caixa Galicia e Caixa Nova, senón a unha hipotética repetición do  bipartito PSdeG/BNG na Xunta de Galicia. Pero é que  o das Caixas tennos tan absortos que a súa linguaxe lévanos a utilizalo, tamén, en relación a estes grupos políticos.

A cousa ben polas declaracións a El País (30/11/09) do sr. Fernández Moreda, Presidente da Deputación d'A Coruña, e máximo dirixente do PSdeG desta provincia, nas que dicía que  nunha coalición “o maioritario debe mandar”. Aínda por riba, afirmaba que este tipo de gobernos “confórmanse en torno ao programa do partido maioritario”. En tal caso, ao minoritario daríaselle algún papel, supoñemos que para que non se aburra. Moreda, dende logo, daba por feito que o maioritario sería o seu partido e o Bloque o minoritario, doutra forma seguro que non diría o mesmo.

Postas así as cousas, e si esta fose a opinión xeneralizada dos que mandan no PSdeG, difícil teríao o BNG para coaligarse, pois o que lle esperaría sería a función de comparsa do grupo maioritario que, segundo Moreda, é o que ten que mandar e impor o programa.

Fdez. Moreda, neste asunto do bipartito, parece non querer saber nada de fusións, senón que se decíde por unha absorción pura e dura. O argumento que aporta para tal consideración, sempre recorrente para os que se negan a dixerir o principal motivo dos  últimos resultados electorais autonómicos, é que a xente viu dous gobernos e  non un só, e aí se para. Debería continuar para dicir que, en tal caso, a xente viu dous gobernos que o fixeron mal, ou por dicilo de forma máis suave,  non o fixeron do xeito que se esperaba deles. E por si fose pouco, que  andaron a gresca.  Entón, a cousa aproximaríase máis á realidade. Simplemente  matizar, que máis que dous gobernos o que había era un goberno con dous partidos politicamente diferenciados, cousa que nun bipartito parece bastante normal.

Pois ben, nun goberno de coalición, a diferencia a favor do maioritario debería estar, unicamente, na proporcionalidade do reparto dos conselleiros, ademais de obter a presidencia, o que non é pouco, pero no que se refire ao programa, razón de ser dos partidos, soamente cabe a fusión. Doutro xeito, o minoritario non pode aceptar, so pena de suicidarse, estar nun goberno que lle esixa proporcionalidade nisto.  Sería cercenar  principios, valores e obxectivos que o caracterizan e fan que a xente lles vote. Neses aspectos non caben as porcentaxes. Non se pode ser un pouquiño identitario, un pouquiño ecoloxista, un pouquiño igualitario...

Por outra parte, nun goberno de coalición, o minoritario, precisamente por selo,  ten todo o dereito a visibilizarse, e o maioritario ten que entendelo así e asumilo sen poñer trabas, cambadelas ou críticas públicas, sempre que non conculque a lealdade aos acordos pactados e manteña un respecto á presidencia e aos compañeiros de goberno.  Doutro xeito, sería novamente absurdo entrar nun goberno de coalición condenados á invisibilidade pois, entón, endexamais sairíase desa condición de adxectivo. Problemas sempre xurdirán (véxase o tripartito catalán) pero deben saberse xestionar adecuadamente,  evitando crispacións onerosas para ambas partes.  

O traballo, a entrega, as distintas facultades  que distinguen a persoas e grupos, deben aceptarse con normalidade democrática e non estorbarse con envexas malsanas. A xente, efectivamente, debería ver un único goberno, pero tamén saber que está dirixido por dous partidos coas súas características específicas, que teñen a súa expresión diferenciada tanto no parlamento como na rúa. Pois os cidadáns teñen que elixir e para iso deben coñecer.  

En fin, seguindo coa utilización da linguaxe das Caixas de Aforro, ao mellor sería bo, chegado o caso, facer tamén unha “auditoría”  que clarificase  as posicións de cada quen para ver  si fusión ou absorción, pois as declaracións do sr. Fdez Moreda sobre  “hai que repensar os pactos” resultan preocupantes para unha posible repetición do bipartito.

 

Trackback(0)
Comentarios (0)Add Comment

Escribir comentario
menor | maior

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy
 
< Anterior   Seguinte >